Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 25 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Alcaldesa do Porriño presidirá o sorteo da fase final da XXXVII Copa da Raiña de balonmán

[Img #23250]Este venres, día 26 de febreiro, á 1 da tarde, no Concello do Porriño terá lugar o sorteo de cruzamentos da fase final da XXXVII Copa da Raiña, que se celebrará na vila entre o 15 e o 17 de abril.

 

Ao acto, presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, asistirán o presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco V.Blázquez, o da Federación Galega, José Luis Pérez Ouro, e o máximo responsable do Club Balonmano Porriño, Fernando Godoy, todos eles integrantes do Comité Organizador desta fase final.

 

A ‘embaixadora’ deste sorteo, que será directo e sen cabezas de serie, será a xogadora Begoña Fernández,  unha das ‘guerreiras olímpicas’ do Equipo Español de Balonmán.

 

Xunto co Balonmano Porriño, como organizador, e ao Rocasa Gran Canaria ACE, defensor do título, completan á nómina de equipos clasificados para esta fase final o Prosetecnisa Zuazo, o Bera Bera, o Logroño Sporting La Rioja, o Helvetia Alcobendas, o Clínicas Rincón de Málaga e o  Mecalia Atlético Guardés.

 

O Rocasa Gran Canaria ACE, líder da Liga Loterías de Balonmán Feminino, é o equipo a bater, e non só por defender o título, senon pola súa estupenda tempada: o pasado domingo lograba, en Telde, a clasificación para as semifinais da Challenge Cup.

 

A Copa da Raiña volve a Galicia tres anos despois logo da eleción do Porriño como sede por diante doutras cidades candidatas, como Valladolid ou San Sebastián, e o fai con un cartel de luxo e o máis equilibrado das últimas tempadas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.