Provincia
Programas de aventura na Lanzada para 2.200 nenas e nenos
Esta é a primeira vez que a Deputación de Pontevedra reserva 300 prazas de balde para menores con escasos recursos económicos e en situación ou risco de exclusión social
![[Img #23305]](upload/img/periodico/img_23305.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar as bases do programa “Depo Aventura A Lanzada 2016” que se desenvolverá no Centro de Vacacións da Lanzada durante o verán do ano 2016, así como a asistencia técnico-educativa para desenvolver esta actuación e o acordo marco para a subministración de produtos de alimentación para o mesmo. Esta actuación, enmarcada no servizo de cohesión social e xuventude, ten por finalidade a promoción e organización de actividades cun compoñente educativo destinada ó lecer de 2.200 menores de idade nacidos entre os anos 2003 e 2008 que residen nos concellos da provincia de Pontevedra.
“O firme compromiso da Deputación de Pontevedra para construír unha sociedade xusta onde ninguén padeza dificultades” tradúcese en que, por vez primeira e grazas ó convenio asinado coa Fundación La Caixa, se reservan 300 prazas gratuítas para menores en situación ou risco de exclusión social, dando a oportunidade de participación a menores pertencentes a familias con escasos recursos económicos. Así, das 2.200 prazas totais, distribuídas en 200 prazas por cada unha das 11 quendas de 7 días de duración entre o 19 de xuño e o 3 de setembro, 300 serán de balde e estarán destinadas a 52 nenas e nenos do Centro Príncipe Felipe e a 4 nenas e nenos de cada un dos concellos da provincia (248).
As prazas serán distribuídas en función do número de habitantes dos concellos. Así, os concellos de menos de 3.000 habitantes terán 10 prazas, os de entre 3.000 e 5.000 20, os de entre 5.000 e 10.000 25, os de entre 10.000 e 20.000 30, os de entre 20.000 e 35.000 65, os de entre 35.000 e 80.000 105, os de entre 80.000 e 200.000 200 e os de máis de 200.000 300 prazas. A asignación das prazas realizarase mediante sorteo público que se rexerá por un algoritmo informático.
A través de “Depo Aventura A Lanzada 2016” a Deputación de Pontevedra ofrece a posibilidade de que mozas e mozos empreguen as súas vacacións de verán participando en actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas que contribúan ó seu enriquecemento persoal e ó coñecemento doutros lugares fóra da súa contorna. En concreto, desenvolveranse actividades relacionadas coa natureza, teatro, contacontos, baile, deportes, unha excursión á Illa de Ons, actividades ó aire libre, artísticas e xogos co obxectivo de ensinar ás mozas e mozos a desenvolverse nun medio non habitual, potenciando a súa maduración, desenvolvendo a sociabilidade, inculcando hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicio físico e fomentando o respecto polo medio ambiente e a conservación da natureza.
A Deputación de Pontevedra destina a “Depo Aventura A Lanzada 2016” 235.000 € para o desenvolvemento destas actividades. As nenas e nenos aloxaranse en tendas de campaña en réxime de pensión completa e estarán atendidas e atendidos por un equipo técnico formado por persoal especializado en animación sociocultural e actividades de lecer e tempo libre. Amais, a institución provincial aportará todo o material necesario para o desenvolvemento das actividades, atención sanitaria e seguro de accidentes.
O prezo será de 83,60 € por praza, tendo, os membros de familia numerosa un desconto do 20%. Os interesados deberán presentar a solicitude e documentación a partir do día seguinte ó da publicación no BOPPO e ata o 1 de abril de 2016.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191