Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 28 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mosenses melloran a súa autoestima e motivación no obradoiro de automaquillaxe

Participan 12 persoas que aprenderán a sacarse maior partido para sentirse mellor consigo mesmos

[Img #23310]

 

A concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza un obradoiro de automaquillaxe no que participan 12 persoas, e que contribuirá á mellora da autoestima e motivación dos/as participantes, a aprender a sacarse o maior partido para sentirse mellor consigo mesmos/as, e a que moitos deles, incluso máis aló dun uso persoal, descubran un interese para seguir formándose nesta materia de cara á unha  saída profesional.

 

O obxectivo do curso é conseguir que cada participante sexa capaz de realizar un bo deseño de cellas segundo o seu óvalo, coñecer correctamente os produtos, realizar tres tipos de maquillaxe (día, noite e cocktail) adaptándoo á súa morfoloxía e necesidades e aprender a utilizar os utensilios necesarios para a realización dun bo automaquillaxe.

 

Este curso práctico, impártese dende o 18 de febreiro ó 17 de marzo, todos os xoves (concretamente os días 18 e 25 de febreiro; e os días 3, 10  e 17 de marzo) das 19:00 horas ás 22:00 horas, cun custe total do curso por participante de 15 euros.

 

As actividades das que consta os obradoiro lévanse a cabo no Multiusos das Pozas de Mos, situado na parroquia de Petelos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.