Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 29 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

I Ruta da lamprea de Salvaterra

[Img #23320]A Unión de Empresarios de Salvaterra (UNES) organiza a I Ruta da lamprea que terá lugar entre o 1 de marzo e o 25 de abril e que pretende enxalzar este prezado manxar.

 

Unha ruta, na que participan sete dos restaurantes máis coñecidos da vila e que, a día de hoxe, son os grandes referentes para degustar a lamprea en Salvaterra.

 

Os locais participantes son: A bodega do Juan, A Canuda, A Miña Lareira, Casa Casqueiro, Casa Lino, El Retiro e  O Noso Eido. Todos eles ofrecen un menú onde a raíña dos nosos ríos é a gran protagonista. Con opcións que irían dende a lamprea rechea ata a lamprea á Bordalesa, acompañadas de viño, sobremesa, café e licores galegos.

 

Dende a organización ofrécennos dúas alternativas para gozar deste singular peixe: a primeira sería, ir directamente aos locais participantes (previa reserva) e a segunda, degustar este marabilloso manxar dentro dunha ruta polo concello. Esta última  opción ofrece, ademais, o coñecer un pouco mellor o patrimonio etnográfico relacionado coa lamprea, as "pesqueiras" de pedra do río Miño e as "estacadas" de madeira e ferro que son instaladas cada tempada no Tea , a bordo do tren turístico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.