Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 29 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A APLU sinala que non se prevé acometer ningunha demolición nos expedientes do núcleo de Morgadáns

José Antonio Cerdeira mantivo esta mañá unha reunión co concelleiro de Urbanismo na que abordaron os expedientes abertos neste municipio e sobre os que todavía cabe posibilidade de recursos e subsanacións.

[Img #23343]

 

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), José Antonio Cerdeira, mantivo esta mañá unha reunión co concelleiro de Urbanismo do Concello de Gondomar, Antonio Araújo, ao que lle trasladou que a APLU non ten prevista, de xeito inmediato, a demolición de ningunha vivenda neste núcleo deste municipio pontevedrés. No encontro, o responsable da axencia, explicou que os expedientes abertos por infracción urbanística no núcleo de Morgadáns, no Concello de Gondomar, todavía teñen posibilidade de recurso en vía administrativa ou xudicial polos afectados, e polo tanto a APLU non "vai acometer ningunha demolición mentres non se pechen os trámites dos expedientes", dado que no caso de que se aporten solucións á legalización dos inmobles- dentro do marco normativo-, a APLU non as executaría.

 

Na reunión repasaron cada un dos 7 casos con expediente aberto e orden de demolición.  No encontro, o director trasladoulle que non se trata na súa totalidade de vivendas familiares con escasos recursos, xa que hai expedientes relativos a segundas residencias, vivendas en construción paralizadas ou casas prefabricadas.

 

Cerdeira lembroulle a Araújo que algúns dos expedientes iniciados neste núcleo foron a raíz dunha denuncia do propio Concello e citoulle como exemplo, o expediente relativo ao local social en Prado, que se abriu previa denuncia do propio concello. Tamén lle indicou que recentemente nunha reunión, os propios veciños recoñeceron ante o director o erro, ao ter construído sen licenza na contorna dunha capela protexida patrimonialmente, e trasladáronlle que iniciarían os trámites para evitar a demolición.

 

 

 

No encontro, o responsable da APLU aclaroulle que o 90 % dos expedientes de reposición da legalidade que ten abertos en Gondomar foron iniciados por denuncia do propio Concello e de particulares da localidade

 

 

 

O director da APLU aproveitou o encontro para trasladarlle ao concelleiro que que non existe ningún tipo de “persecución política” ao Concello de Gondomar, e que a última inspección de oficio levada a cabo pola Axencia foi no derradeiro trimestre de 2014. Dende entón, as únicas visitas de subinspectores da APLU a este concello foron para informar sobre expedientes con denuncias previas presentadas pola propia administración local, que suman máis do 90% dos casos que ten aberto a APLU nese concello.

 

Por último, o director da Axencia reiteroulle ao representante do Concello de Gondomar que na APLU sempre atopará colaboración e traballo coordinado cos concellos galegos, para garantir que se cumpra a legalidade urbanística e se restableza no caso de ver alterada. Lembroulle que APLU é un ente de dereito público, que ten encomendado o control da legalidade urbanística en Galicia en relación cos actos e usos do solo realizados en solo rústico, e que sexan prohibidos ou suxeitos a autorización autonómica, así como na servidume de protección do domino público marítimo-terrestre.

 

 

 

A APLU ten encomendado o control da legalidade urbanística en Galicia en relación cos actos e usos do solo realizados en solo rústico

 

 

 

Engadiu que como mostra do traballo que está a realizar a APLU, do balance de actividade de 2015 conclúese que a APLU conseguiu repoñer a legalidade urbanística nun total de 154 casos (81 en Pontevedra, 53 na Coruña, 14 en Lugo e 6 en Ourense). Dentro desta cifra, hai que destacar que máis do 90 por cento destas restitucións realizáronse de xeito voluntario.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.