PROVINCIA
O delegado da Xunta en Vigo visita o Punto de Atención Continuada que inicia o seu funcionamento no Xeral
López Chaves presenciou o simulacro realizado polos profesionais para a posta a punto do servizo, que abrirá as portas ás 15.00 horas.
![[Img #23347]](upload/img/periodico/img_23347.jpg)
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, realizou unha visita ao Punto de Atención Continuada (PAC) –que vén de ser trasladado desde o centro de saúde de Bolivia ao edificio anexo ao Hospital Xeral-, e que comeza a prestar asistencia esta semana neste novo emprazamento. Hoxe tamén vaise trasladar o PAC do centro de saúde de Coia a estas mesmas dependencias, polo que, no día de mañá, as Urxencias Extrahospitalarias de Vigo quedarán unificadas no Anexo II do Hospital Xeral, na Rúa Pizarro 22.
López Chaves presenciou o simulacro realizado polos profesionais, no que simularon diferentes supostos de atención a pacientes, para realizar unha posta a punto do servizo antes de abrir as súas portas, ás 15.00 horas do día de hoxe.
No transcurso da súa estadía no centro, o delegado territorial destacou o novo deseño do PAC, con gran capacidade de resolución, cos medios e recursos necesarios para realizar todos aqueles procedementos diagnósticos e terapéuticos no ámbito da atención primaria, co obxecto de que, sempre e cando sexa posible, o paciente saia do centro co seu problema resolto, e que so se deriven ao hospital os casos que realmente necesiten atención hospitalaria.
A Urxencia pediátrica sen modificacións
O delegado tamén se referiu á atención pediátrica urxente extrahospitalaria, da que dixo que “se mantén como ata agora, non experimenta ningún cambio. A cidade de Vigo dispón de 42 pediatras na atención primaria, que atenden as urxencias nos centros de saúde, na maioría deles en horario de mañá e tarde. Polo tanto, esta atención está perfectamente cuberta e garantida”-.
O modelo de atención pediátrica urxente extrahospitalaria en Galicia pivota nos centros de saúde. Non existen dispositivos específicos de urxencias pediátricas fóra do hospital. O criterio é que este tipo de atención sexa prestada aos nenos e nenas nos mesmos centros de saúde, polos seus pediatras habituais, de xeito que se lle dea continuidade a asistencia e que esta sexa máis accesible a cidadanía.
Canto á cobertura das urxencias pediátricas nas fins de semana e festivos, tamén continúa como ata a data. Os sábados de mañá ofértase centralizada, e prestada por pediatras, no centro de saúde de Coia. Ademais, os pacientes poden optar por dúas opcións: a primeira, acudir ao PAC de adultos do Xeral, onde as nenas e nenos serán atendidos polo equipo de profesionais deste dispositivo. De feito, o 3,3% das atencións realizadas no PAC o pasado ano foron pediátricas (1.968 menores de 14 anos).
A outra alternativa é achegarse ás Urxencias Pediátricas hospitalarias do Álvaro Cunqueiro, que conta cunhas instalacións especificamente deseñadas para os nenos e nenas, atendidas por especialistas en pediatría, cun alto nivel tecnolóxico, e con acceso a todas as especialidades e probas diagnósticas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180