Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 02 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Vigo acolle a estrea en Galicia do último documental de Naomi Kleim, “Isto Cámbiao Todo”

Amigos da Terra, a Campaña Impórtanos e a Universidade de vigo estrean o último documental escrito e narrado pola xornalista Naomi Kleim, recoñecida activista que saltou á fama polo seu libro "Non logo".

Hoxe mércores a sala Cambón acollerá a estrea en Galicia do documental “Isto cámbiao Todo” (This Changes Everything) que se poderá ver de balde e en VOSE.

 

O filme aborda obre as fatais consecuencias do cambio climático no noso planeta, a través de varios exemplos en diferentes países nos que a actividade humana, sempre promovida polo negocio dos recursos da natureza, está a desestabilizar o clima e o equilibrio natural de forma irreversible, en especial nas últimas décadas. Sen embargo, ao longo do filme vaise construíndo unha idea controvertida e emocionante: que podemos aproveitar a crise existencial do cambio climático para transformar o noso sistema económico que fracasou para convertelo en algo radicalmente mellor.

 

Escrito, e narrado, pola xornalista e investigadora canadense Naomi Klein, recoñecida activista que saltou á fama polo seu libro "Non logo", no que arremetía contra as grandes corporacións, e co que se converteu nun personaxe moi influente no movemento antiglobalización.

 

Ao final da proxección, activistas que estiveron na COP 21, compartirán a sua experiencia e comentarán como foi a súa participación nas distintas actividades que se levaron a cabo en París. Posteriormente darase paso a un debate entre todas as persoas asistentes para comentar os resultados do cumio e as alternativas posibles que existen na loita contra o cambio climático.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.