Mos
Excarcerada unha persoa nunha colisión entre un coche e un camión en Mos
![[Img #23380]](upload/img/periodico/img_23380.jpg)
Unha persoa foi excarcerada polos Bombeiros do Baixo Miño despois de sufrir unha colisión entre un coche e un camión na estrada N-550, ao seu paso polo concello pontevedrés de Mos. As 8:00 horas de hoxe, un particular relatou ao 112 Galicia que os dous vehículos implicados no sinistro acabaron batendo contra unha vivenda. Decontado, o persoal do CAE 112 Galicia alertou aos Bombeiros do Baixo Miño, Urxencias Médicas, GES e Protección Civil de Mos e Redondela e Garda Civil de Tráfico. Nestes momentos, a estrada permanece cortada en ambos sentidos mentres os servizos de emerxencia traballan na evacuación do ferido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116