O PORRIÑO
O Porriño asina o convenio cos organizadores da X Edición do Interrrunning do Porriño
![[Img #23369]](upload/img/periodico/img_23369.jpg)
A alcaldesa do Porriño, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, asinou este martes cos organizadores do Interrrunning o convenio no que se plasma a contribución do Concello á proba, que este 2016 chega á súa X edición.
Eva García de la Torre salientou a importancia desta convocatoria, que se disputa nun circuito totalmente urbán que percorrerá o concello, e “que é xa unha das citas máis atractivas do deporte de Galicia: non hai mellor demostración que o feito do aumento do número de participantes, que superan os mil cincocentos, a presenza de máis espectadores e a importante aposta dos patrocinadores”.
A saída se dará o vindeiro día 13 de marzo ás 10 e media da mañá e, como outros anos, haberá distintos circuitos en función da categoría, sendo o de 10 quilómetros o da absoluta-para participantes nados ata o ano 2000- homologado pola Real Federación Española de Atletismo e considerado un dos máis rápidos de Galicia.
Os competidores poderán correr nas categorías ‘Pitufos’-nados en 2009 e posteriores-; Benxamín –nados entre 2007 e 2008-; Alevín-anos 2005-2006-; Infantil/Cadete-anos 2001-2004-e Absoluta.
As inscripcións poderán facerse, ata o martes día 8 deste mes, ás 23:59 horas en Intersport Piñeiro Porriño, Intersport Piñeiro Vigo (nas rúas Lopez Mora e Camelias), Intersport Piñeiro Pontevedra e no portal web: www.championchipnorte.com.
VISITA DO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO
Antes da sinatura do convenio para a celebración do ‘Interrunning’, a alcaldesa recibiu no seu despacho ao presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, quen solicituou entrevistarse con Eva García de la Torre para transmitirlle o seu agradecemento persoal, e o da Federación, polo acordo acadado o pasado luns co Baloncesto Porriño.
O mesmo supón a apertura dun novo tempo nas relacións entre o clube e o Concello que permitirá, grazas a unha importante achega aprobada polo Goberno Local, que o Baloncesto Porriño e os seus 1.200 integrantes poidan seguir coa súa actividade, en especial coa formación, adestramento e competición das súas categorías inferiores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158