TUI
O Concello de Tui renova o convenio coa Federación Galega de Baloncesto
Tui seguirá sendo sede das concentracións das diferentes seleccións galegas co apoio do Club Baloncesto Tui.
![[Img #23372]](upload/img/periodico/img_23372.jpg)
Este martes, 1 de marzo, tivo lugar na Casa do Concello de Tui, o acto de sinatura do convenio de colaboración entre a Federación Galega de Baloncesto, FEGABA, o Concello de Tui e o Club Baloncesto Tui, polo que a nosa cidade seguirá sendo sede oficial das concentracións das diferentes seleccións galegas, na súa preparación para os distintos campionatos nacionais.
O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso e o presidente do Club Baloncesto Tui, Juan Ramón Cal, renovaron este convenio ata a tempada 2018/2019, acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
No marco deste convenio, a FEGABA comprometeuse a subministrar dúas canastras de categoría mini, para o uso do C.B. Tui durante a vixencia deste convenio.
Dadas as boas relacións entre as dúas institucións, a Federación Galega de Baloncesto ofreceu ao Concello de Tui, a organización do Campionato de España de Seleccións Mini, que se disputará no ano 2017.
Tui co baloncesto
Na liña da colaboración establecida entre a nosa cidade, o Club Baloncesto Tui e a Federación, o Concello de Tui apoiará ao Concello do Porriño, na organización do Campionato de España de Baloncesto en categoría infantil feminino, que se celebrará entre os días 12 e 19 de xuño. No mesmo participarán 32 equipos a nivel nacional, Tui será a sede da primeira fase.
Entre o 23 e o 30 de xuño, o equipo Permuferías Avenida de Salamanca, organizará un campus en Tui, no que participarán 70 rapazas desa cidade, que utilizarán a instalacións deportivas municipais e gozarán dunha semana de actividades en Tui.
E para rematar no mundo do baloncesto, o Campus Joe Arlauckas volverá realizarse en Tui, entre os días 4 e 9 de xullo. No mesmo agárdase superar o número de participantes de anos anteriores. Este ano organizaranse máis actividades paralelas relacionadas co mundo do baloncesto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149