GALICIA
Galicia pecha febreiro cunha reducción do paro dun -8,65% con respecto a 2015
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, salientou esta semana que as persoas sen emprego tamén diminuíron con respecto a xaneiro en 1.179 persoas.
Galicia rexistrou en febreiro unha diminución do paro rexistrado con respecto a 2015 de 22.281 persoas desempregadas, o que supón un descendo do -8,65% na evolución interanual. Con respecto ao mes de xaneiro, o desemprego tamén descendeu nun 0,5% (-1.179 persoas).
A secretaria xeral de Emprego, Covando Toca, valorou esta semana estes datos afirmando que é o vixésimo oitavo descenso consecutivo interanual e o terceiro ano consecutivo no que se acada reducir o paro rexistrado nun mes de febreiro a nivel interanual. Así mesmo, destacou que é a segunda maior baixada interanual en termos absolutos de toda a serie histórica, isto é desde 1996, e a terceira en termos relativos. Grazas a esta evolución, Toca afirmou que “a nosa Comunidade sitúase a niveis de paro inferiores aos de hai 5 anos”, é dicir, a febreiro de 2011.
É o vixésimo oitavo descenso consecutivo e o terceiro ano consecutivo que se acada reducir o paro rexistrado en febreiro
Con respecto ao Estado, Galicia presenta un mellor comportamento tanto en termos interanuais (baixa o paro en 0,69 puntos más que o Estado) como en relación co mes pasado.
En canto ás afiliacións, medraron este mes nun 0,50% máis que en xaneiro. Toca salientou que este aumento presenta un maior ritmo de subida que España e que “Galicia volve a niveis de afiliación superiores aos de hai tres anos, sendo o aumento interanual o maior nun mes de febreiro desde 2008”. Xa son 23 subidas consecutivas desde abril de 2014 nas que Galicia rexistra unha interanual positiva en termos de afiliación. “Isto quere dicir que o crecemento estase a consolidar”, subliñou.
A Comunidade segue a presentar un comportamento mellor que o Estado, tanto en termos interanuais como en relación co mes pasado
En canto aos datos por provincias, o paro rexistrado descendeu de xeito interanual en todas elas. A Coruña rexistrou a maior baixada con respecto a febreiro de 2015, nun -9,32%, seguida de Pontevedra cun -8,99%; Ourense cun descenso do -6,79%; e Lugo cun -6,70%.
Así mesmo, Toca resaltou que a industria continúa en febreiro co bo comportamento que rexistrou a principios de ano. Así, apuntou que este sector rexistrou a maior baixada en termos absolutos e en termos relativos subliñou que o maior descenso tivo lugar no sector primario (-3,22%), seguido da industria (-2,25%) e a construción (-2,20%).
Por provincias baixa en todas na evolución interanual e por sectores, a industria continúa coa tendencia positiva de principios de ano
A Comunidade autónoma mantén, polo tanto, esta boa evolución interanual do paro rexistrado. Neste senso, a secretaria xeral de Emprego indicou que “Galicia sigue a traballar intensamente para que o desemprego continúe baixando e a realidade é que a Comunidade está no camiño da recuperación económica”. Explicou, ao respecto, que os principais indicadores económicos así o reflicten.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136