MOS
A unanimidade do Pleno de Mos manifesta o seu apoio ó Pobo Saharaui
Todos os membros da Corporación votaron a favor dunha moción mediante a que a localidade mosense súmase ó acontecemento histórico e demostra o seu firme compromiso con este pobo.
![[Img #23394]](upload/img/periodico/img_23394.jpg)
Con motivo do 40º aniversario da proclamación da República Árabe Saharaui Democrática que se celebrou o pasado 27 de febreiro, presentouse ó Pleno da Corporación Municipal mosense do luns 29 de febreiro unha moción mediante a que o Concello de Mos quixo sumarse a este acontecemento histórico e demostrar un ano máis o seu firme compromiso co Pobo Saharaui.
Como non podía ser doutro xeito, a moción foi aprobada por unanimidade polos membros do Pleno e, mediante a súa aprobación, o Concello de Mos manifesta que:
- Reafirma o seu recoñecemento ao lexítimo goberno da RASD e o Frente POLISARIO e manifesta, unha vez máis, o dereito de autodeterminación que legalmente asiste ao Pobo Saharaui. Así mesmo pídelle ao Goberno de España que lle dea o estatus diplomático á Representación do Frente POLISARIO en España, único e lexítimo representante do Pobo Saharaui, recoñecido así pola ONU.
- Insta ao Goberno de España e á comunidade internacional a que promovan todas as iniciativas políticas que sexan necesarias para lograr unha solución xusta e definitiva, mediante a celebración dun referendo, conforme ás resolucións de Nacións Unidas.
- Insta ás autoridades marroquís a que cesen as persecucións contra os e as activistas saharauis de dereitos humanos, a que liberen aos presos políticos saharauis e esclarezan o destino de máis de 400 persoas saharauis desaparecidas.
- Insta ao Estado Español a que asuma a súa responsabilidade histórica e traballe activamente dentro da Unión Europea e aproveite a súa presenza no Consello de Seguridade de Nacións Unidas para que a MINURSO vexa ampliado o seu mandato á vixilancia dos dereitos humanos no Sáhara Occidental.
- Reafírmase no seu compromiso de traballar tanto nos campamentos de poboación refuxiada en Tinduf (Arxelia), como nos territorios ilegalmente ocupados por Marrocos como mostra do apoio maioritario da sociedade mosense á lexítima loita do Pobo Saharaui pola súa liberdade.
- Agradece sinceramente a colaboración desinteresada e a xenerosidade dos cidadáns e as cidadás mosenses que fan posibles proxectos de cooperación co Pobo Saharaui, tales como a Caravana pola Paz, Vacacións en Paz, etc…
Xa a pasada fin de semana, os días 27 e 28 de febreiro, o Concello de MOS amosou a súa solidariedade co Pobo Saharaui, ondeando no balcón da súa fachada a bandeira da República Árabe Saharaui Democrática, con motivo do 40 aniversario da proclamación da mesma.
Ademais anualmente o Concello de Mos asina un convenio de colaboración coa Asociación Galega Solidariedade co Pobo Saharaui de apoio por parte da administración local mosense ó programa Vacacións en Paz, no que participan múltiples familias de Mos acollendo a nenos e nenas saharauis durante a tempada estival nos seus fogares mosenses.
Lamentables feitos recentes
As choivas torrenciais caídas en outubro de 2015 nos campamentos de poboación refuxiada saharaui afectaron a máis de 90.000 persoas, 25.000 dos cales perderon os seus fogares e quedáronse sen alimentos, segundo denunciou a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).
Diversas investigacións levadas a cabo polo Instituto Hegoa da UPV-EHU e a Sociedade de Ciencias Aranzadi, co apoio de Euskal Fondoa, aportaron novas probas sobre desaparicións forzosas e bombardeos á poboación civil saharaui a mans do goberno de Marrocos. Ademais, estas investigacións están sendo útiles na investigación da querella por xenocidio contra o Pobo Saharaui e nas demandas de verdade, xustiza e reparación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126