Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 03 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa ASINA convenios con dez entidades deportivas do Porriño por un total de 493.500€

[Img #23389]

 

A alcaldesa do Porriño, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel  Carrera, asinou este mércores os convenios polos cales se aproban as  axudas municipais a dez entidades deportivas porriñesas.

 

En total, o Concello destinará ao longo deste ano 493.500€-o 60% de  xeito inmediato- a Baloncesto Porriño, Balonmano Porriño, Pontellas,  Atios, Budiño, Patín Porriño, U.D.Mosende, Tenis Porriño, Atletismo  Porriño e Club Colombófilo, de xeito que os mesmos podan  desenrolar as súas actividades.

 

Eva García de la Torre agradeceu no acto, que se celebrou no Salón de  Plenos do Concello, o traballo que realizan todos os integrantes das  entidades do Porriño “facendo do deporte unha dos nosos sinais de  identidade e un motivo de ledicia e orgullo para todos os veciños”.

 

A alcaldesa, subliñou que, como se comprometerá cando tomou posesión, e  nas xuntanzas con cada un dos presidentes dos clubes, a aposta “maís  decidida” do Goberno local será polo “deporte de base o cal, ademáis de  garantir o relevo e a continuidade dos nosos equipos, en cada unha das  disciplinas, serve para que inculcar ás nosas rapazas e aos nosos  rapaces os valores do compañerismo, o esforzo, a entrega e a  solidariedade que acompañan sempre á práctica deportiva”.

 

García de la Torre indicou que desde este ano, ademáis, increméntanse os requisitos de transparencia no uso que deben facer os clubes das achegas municipais, “o cal será garantía dunha xestión máis seria e rigorosa”.

 

A rexedora amosouse “moi satisfeita” polo feito de que o Concello siga  aportando, “cada ano en maior medida”, o seu respaldo aos deportistas  porriñeses e, unha vez máis, repetiu que o seu compromiso coa práctica  deportiva, cos xogadores, adestradores e dirixentes, “que entregan o seu  tempo, a súa dedicación e a súa vida” será sempre “total”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.