GALICIA
A Xunta insiste na súa disposición a cambiar a xestión dos consorcios de bombeiros garantindo os postos de traballo
O vicepresidente lamenta que as Deputacións non aportasen aínda ningún informe concluínte sobre a viabilidade do cambio de xestión dos parques.
![[Img #23392]](upload/img/periodico/img_23392.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta semana un encontro cos presidentes das Deputacións de Pontevedra e Lugo –Carmela Silva e Darío Campos-, así como cos vicepresidentes das de Coruña e Ourense –Goretti Sanmartín e Rosendo Fernández-, tras a cal insistiu en que a Xunta está aberta a cambiar o modelo de xestión dos parques comarcais de bombeiros sempre que non supoña un maior custe e que se garantan os empregos dos traballadores que prestan o servizo a día de hoxe.
“Cambio de xestión si, pero coa garantía dos postos de traballo enriba da mesa”, enfatizou Alfonso Rueda, que salientou que as deputacións, que avogaron sempre por este cambio, non trouxeran hoxe ningún informe concluínte ao respecto da posibilidade de integrar a estes traballadores nin sobre a viabilidade económica dun cambio de sistema cara a xestión directa.
O vicepresidente recordou que os presidentes das Deputacións de Coruña, Lugo e Pontevedra, defensores desta modificación, comprometéranse na anterior reunión a dispoñer destes informes no prazo dun mes, pero mes e medio máis tarde non houbo avances. “Houbo bo clima, pero non demasiados avances”, sinalou o conselleiro de Presidencia, que pediu que se fale con claridade aos traballadores. “Non nos opoñemos á xestión directa si se garante o futuro dos traballadores”, insistiu Rueda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136