Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 06 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra facilita aos concellos a publicación “Observatorio local. Ideas globales para el gobierno local”

A Deputación de Pontevedra ofrecerá a todos os concellos da provincia un exemplar da publicación “Observatorio local. Ideas globales para el gobierno local”, que ofrece reportaxes e análises de problemas do ámbito das administracións locais.


Esta publicación analiza fundamentalmente aquelas outras feitas nos ámbitos académicos e profesionais e que afectan aos conceptos de cidade dende todos os aspectos legais, xurídicos, económicos ou en materia de urbanismo, entre outros temas. De xeito que ofrece aos dirixentes locais a información antes de que cheguen ao debate público.


“Observatorio local. Ideas globales para el gobierno local” dispón dunha rede de profesores, investigadores e profesionais do mundo local que detectan aquelas ideas que aparecen a nivel mundial, facendo unha selección delas e poñéndoas a disposición dos lectores dun xeito sinxelo para facilitar a súa comprensión.


Os concellos recibirán a publicación de xeito bimestral ao longo deste ano.


Para a Deputación de Pontevedra trátase dunha pequena colaboración cos concellos de toda a provincia  para que os seus responsables podan acceder a  este tipo de información que contempla a  publicación que, sobre todo, no caso dos concellos máis pequenos sería difícil que a puideran obter dun xeito facilmente comprensible.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.