GALICIA
Nova Lei galega de protección e benestar dos animais de compañía
Feijóo destaca que a nova lei equipara a nosa normativa ás doutras Comunidades e Estados europeos, implanta medidas no control do abandono dos animais e loita contra o maltrato animal, un dos seus principais obxectivos.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta semana o inicio da tramitación do anteproxecto de Lei galega de protección e benestar dos animais de compañía, que equipara a nosa normativa ás doutras Comunidades e Estados europeos, implanta medidas no control do abandono dos animais e aposta pola educación da cidadanía no respecto e a protección aos animais.
O titular da Xunta destacou que un dos principais obxectivos desta nova Lei é loitar contra o maltrato animal, non só na súa representación como violencia extrema, senón tamén noutras manifestacións, tales como someter ao animal a condicións hixiénicas e sanitarias cuestionables, ou o seu emprego en espectáculos prohibidos ou nos que non se garantan unhas condicións mínimas de benestar.
As características da nova lei
Nesa liña, o texto establece a prohibición expresa de determinadas mutilacións nos animais, coma o corte de orellas ou rabo, que se facía co fin de manter unha serie de características dun tipo de raza. Tamén se prohibe o emprego de calquera trebello destinado a impedir ou limitar a mobilidade dun animal que lle produza danos ou sufrimentos ou lle impida manter a súa posición normal e mesmo se prohibe o emprego de animais silvestres en espectáculos circenses e se tipifica dita infracción ou delito como moi grave.
Como sinalou Feijóo, esta lei vai máis alá ao estender no réxime sancionador a responsabilidade non só aos organizadores, senón tamén aos que participen ou colaboren dalgunha maneira neses espectáculos.
No que atinxe aos animais potencialmente perigosos, apunta que se concretarán as razas de can que teñen tal consideración, establécese a obriga da obtención previa da licenza municipal para poder ter un can desta categoría e deberase inscribilos no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos
Outro dos retos aos que se enfronta a lei, segundo engadiu, é o de paliar o abandono dos animais domésticos, e a lograr este obxectivo van destinadas varias medidas. Así, as asociacións de defensa e protección dos animais poderán ser declaradas entidades colaboradoras da Xunta e poder así subscribir convenios de colaboración para facer énfase na divulgación e na educación.
Ademais, introdúcese a obriga de identificación en todos os cans, mediante microchip, e a inscrición no Rexistro galego de identificación de animais de compañía, o que minorará o abandono, e crearanse os fogares de acollida cun réxime de acollemento temporal nos que se garanta o coidado e atención que precisen os animais.
No que atinxe aos animais potencialmente perigosos, o titular do Goberno galego apuntou que se concretarán as razas de can que teñen tal consideración, establécese a obriga da obtención previa da licenza municipal para poder ter un can desta categoría e deberase inscribilos no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
Di que a nova lei tamén establece un artigo sobre as aves de presa en catividade para as que será necesario obter unha autorización administrativa, á vez que deberán ser identificadas individualmente con microchip ou anela
Por outra banda, como matizou Feijóo, a nova lei tamén establece un artigo sobre as aves de presa en catividade para as que será necesario obter unha autorización administrativa, á vez que deberán ser identificadas individualmente con microchip ou anela.
Como sinalou, esta lei foi comentada con distintos membros do Consello Xeral do Colexio de Veterinarios e, a partir de agora, someterase a información pública para as posibles alegacións que queiran facer os distintos colectivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136