MOS
Mos, municipio comprometido coa discapacidade
    
    Ás políticas sociais locais xa en marcha súmase agora a ampliación do estacionamento en Zona Azul para as persoas que padezan algunha minusvalía.
	
        ![[Img #23428]](upload/img/periodico/img_23428.jpg)
 
O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou o luns por unanimidade dos seus membros a modificación da Ordenanza Reguladora do Estacionamento con Horario Limitado Gratuíto, Zona Azul.
 
Dita modificación contempla a posibilidade de que os vehículos para persoas con discapacidade poidan estar máis tempo aparcados na Zona Azul de Puxeiros, duplicando a estancia, que podería ser de ata tres horas de duración, en lugar de unha e media como o resto de vehículos.
 
Deste xeito acordouse que o período máximo de permanencia dun vehículo en Zona Azul será de unha hora e trinta minutos, agás para vehículos para persoas con discapacidade que será de tres horas. Quedando excluídos desta limitación os vehículos de Protección Civil, bombeiros, ambulancias e persoal sanitario en servizo de urxencia, así como as forzas e corpos de seguridade en acto de servizo. Unha vez transcorrido o tempo máximo de utilización, o vehículo deberá abandonalo estacionamento e non poderá volver a estacionar na mesma rúa ou praza ata transcorrido un período de dúas horas. O horario de limitación comprenderá dende as 09:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas de luns a venres, e de 09:00 horas a 13:00 horas os sábados. Agás os domingos e festivos, nos que non haberá limitación. Despois de sinalala hora de chegada no disco horario, non se poderá modificar ata que o vehículo abandone o estacionamento en Zona Azul.
 
O de Mos caracterízase por ser un Concello concienciado coa discapacidade e moi volcado cos colectivos de persoas discapacitadas. Neste sentido a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, informaba das múltiples accións que dende este departamento municipal se levan a cabo ó longo do ano en beneficio destas persoas.
 
Por unha banda atópanse as dúas liñas de axuda municipais á Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, ASODIFISI, que consisten nun convenio anual por importe de 6.000 euros; e outros 6.000 euros aproximadamente para asumir o pago de melloras no seu local, financiación de actividades, etc.
 
Por outra banda o Concello de Mos organiza tanto para os membros de ASODIFISI coma para o Centro das Escravas da Virxe Dolorosa de Petelos festas de Nadal, Entroido e fin de curso; e colabora para que poidan instalar postos de venda para recaudar fondos en actos coma a Festa da Rosa, a celebración de Arde o Pazo ou o Mercadiño de Nadal do Pazo de Mos, organizado o pasado Nadal polos comerciantes e hosteleiros do contorno do Pazo.
 
Ademais, a administración local implica a estes colectivos nas actividades grupais deportivas ó aire libre que se organizan dende os departamentos municipais de Cultura, Participación Cidadá, Deportes, Medio Ambiente, etc. Tal é o caso das rutas de sendeirismo que se están a realizar dentro do Obradoiro Municipal de Emprego ‘Mos coa Mocidade’ ou o Camiño de Santiago que se levou a cabo a primavera pasada. Sobre este último a edil Sara Cebreiro declarou que “foi unha experiencia única e inesquecible, xa que do total de 60 persoas que participamos, 20 eran discapacitadas e foi incrible o grao de integración acadado e o bo ambiente vivido; todos aprendimos moitísimo os uns dos outros”, asegurou a concelleira.
Tamén cómpre destacar a importante vinculación, sensibilización e compromiso da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, cos colectivos de discapacitados. Dende os seus inicios na política como concelleira de Igualdade e Muller, nunca perdeu a iniciativa de loita a prol das persoas con discapacidade; o que viña a demostrar en 2013 co seu apoio á construcción do novo centro das Escravas da Virxe Dolorosa en Crecente, instalacións de 2.800 metros cadrados construídos. O número de prazas deste centro é de 80 para usuarias gravemente afectadas. Toda a construcción ríxese polos principios de accesibilidade e comodidade, e conta con instalacións totalmente adaptadas para persoas con discapacidade, tanto as áreas destinadas para uso das usuarias como as zonas de acceso exclusivo para traballadores. A construcción do novo centro realizouse cun esforzo titánico por parte da congregación, que buscou financiación, donativos e demais; e fixo unha gran planificación dos traballos.
    Outra demostración de compromiso do Concello de Mos coas persoas discapacitadas é a adxudicación do contrato de mantemento dos parques e xardíns municipais a Aceesca Emprego e a adquisición de detalles corporativos para actos institucionais tanto en Aceesca como nas Escravas da Virxe Dolorosa. Os detalles do Día da Muller do pasado ano 2015 foron adquiridos en Accesca e os centros florais que se encargan para decorar os certames de corais son realizados polas usuarias das Escravas da Virxe Dolorosa. Ademais actualmente, e como detalle corporativo para o presente ano 2016, a concellería de Política Social e Cultura que dirixe Sara Cebreiro está a entregar productos do Obradoiro de Mermeladas Naturais de Froitas que están a realizar as alumnas das Escravas, productos que parece ser que están a ter un gran éxito de acollida.
    Por último Cebreiro avanzou un proxecto municipal futuro no que se está a traballar e que consiste nun posible convenio de colaboración entre Concello e Escravas da Virxe Dolorosa para a realización de prácticas laborais de usuarias do centro na administración local.
        
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170