Provincia
Os servizos de emerxencia evacuaron ao condutor dun camión pendido na mediana da VG-20
![[Img #23430]](upload/img/periodico/img_23430.jpg)
Un camión que circulaba pola VG-20, no punto quilométrico 12, á altura do Concello de Vigo, quedou pendido esta mañá na mediana desta vía. Así o relataba o alertante que chamou ao CAE 112 Galicia, minutos antes das 09:00 horas, para pedir axuda.
De inmediato, púxose en marcha un operativo no que participaron os bombeiros de Vigo e do Porriño que xunto co persoal de Protección Civil de Vigo e de Mos, lograron estabilizar o camión e evacuar ao condutor. A Garda Civil de Tráfico confirmou ao 112 Galicia que o condutor atópase ben e que a cabeza tractora do camión quedou entre os dous carrís da VG-20. Debido ao impacto, produciuse, ademais, unha fuga de gasóleo procedente do depósito do camión que, xa os servizos de emerxencia teñen localizada e controlada.
Urxencias Médicas e o persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foron informados polo 112 Galicia. Neste intre, un guindastre procede a retirada do camión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22