A LOURIÑA
As alcaldesas da Louriña hoxe xuntas pola igualdade
As alcaldesas de Mos e Porriño celebran xuntas o Día da Muller e reivindican condicións igualitarias no mercado laboral para a poboación feminina
![[Img #23470]](upload/img/periodico/img_23470.jpg)
Os Concellos de Mos e do Porriño celebraron esta mañá un acto institucional conxunto e sen precedentes de conmemoración do Día Internacional da Muller. As alcaldesas mosense, Nidia Arévalo, e porriñesa, Eva García de la Torre, partían ás 10.30 horas da mañá da Casa Consostorial do Porriño acompañadas por concelleiras de ambas corporacións municipais para visitar o mercado do Porriño que se celebra tódolos martes e, posteriormente, proceder á lectura de manifestos na Praza de Abastos porriñesa, onde fan a compra diaria de producto fresco a meirande parte dos mosenses e, por suposto, dos veciños e veciñas do Porriño.
Elixiuse a Praza de Abastos do Porriño para conmemorar esta data, segundo declararon as propias rexedoras locais “porque nos parece un lugar simbólico para evidenciar que seguimos sendo nós as que levamos o peso das reponsabilidades do fogar. Hoxe esta praza está chea, é día de mercado, e practicamente todas as persoas que enchen este edificio son mulleres”.
A este respecto consideran tanto Arévalo como García de la Torre que “non é cuestión de recibir axuda, é cuestión de corresponsabilidade e de compartir tarefas. A incorporación da muller ao mercado laboral supuxo un gran avance para todas, pero tamén triplicar as nosas tarefas. Porque seguimos sendo nós as que levamos todo o peso da casa, dos fillos e das persoas que temos a cargo. Ademais, moitas mulleres aínda se ven na obriga de ter que decidir entre traballo ou familia, entre a súa carreira profesional ou ser nais, de ter que renunciar aos seus traballos por ter que facerse cargo de persoas dependentes”.
Por iso este acto conxunto entre os municipios do Porriño e Mos estivo adicado á igualdade e enmarcado baixo o lema “Xuntas pola igualdade”. Denunciouse durante o mesmo que non haberá igualdade real mentres mulleres e homes non teñan as mesmas oportunidades para acceder ao mercado laboral e aos postos de decisión. Por valía, non por cuestión de xénero. Non haberá igualdade real mentres as mulleres reciban nóminas inferiores e teñan que demostrar máis polo mesmo traballo, mentres as cifras de desemprego e de temporalidade as lideren as mulleres, mentres as mulleres teñan que elixir entre ser nais ou desenvolver unha carreira profesional, mentres non se garanta a plena conciliación para mulleres e homes, mentres ser muller supoña ter un trato inferior que o que reciben os homes.
Deste xeito alcaldesas e corporativas porriñesas e mosenses afianzaron na xornada conmemorativa de hoxe o seu compromiso de seguir “traballando pola igualdade, porque só desta forma conseguiremos unha sociedade máis xusta”, concluíron.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14