PONTEAREAS
Nace na parroquia ponteareá de Xinzo unha nova plataforma veciñal
Os veciños están dispostos a emprender accións de presión ás administracións.
![[Img #23478]](upload/img/periodico/img_23478.jpg)
O pasado sábado presentouse publicamente a Plataforma N120 diante das veciñas e veciños de Xinzo, despois de varias reunións previas entre persoas preocupadas polos dramáticos accidentes acontecidos nos últimos días.
Foi a presentación oficial dunha plataforma que ten coma obxectivo mobilizar ás veciñas e veciños levando adiante accións necesarias para que as administracións solucionen os problemas de inseguridade que afectan aos usuarios da N120. Problemas ocasionados polo denso tráfico que circula pola parroquia de Xinzo e que ata o día de hoxe non se puido resolver.
Máis de 200 persoas acudiron á asemblea parroquial convocada polos colectivos que forman a totalidade do tecido asociativo de Xinzo, e que demostrou unha vez máis a resposta e participación das veciñas e veciños desta parroquia ponteareá.
O primeiro paso que vai tomar a plataforma en vindeiros días será o de convocar unha reunión cos representantes dos colectivos das parroquias de Arnoso e Areas, xa que as persoas integrantes da plataforma entenden necesaria a participación das veciñas e veciños das tres parroquias, xa que sofren da mesma maneira os inconvenientes que ocasiona unha estrada cun volume de tráfico de case 20.000 vehículos diarios, e que oficialmente só está para soportar 5.000 vehículos diarios.
Na asemblea veciñal lembrouse que xa hai un longo traballo de cooperación entre as parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo na loita por atopar solucións a este grave problema veciñal.
A plataforma está aberta á participación de calquera persoa que queira aportar ou sumarse a esta reivindicación colectiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149