MOS
Aberto o prazo de inscrición nos Obradoiros Infantís de Semana Santa
O último día para anotarse será o vindeiro 18 de marzo.
Xa se atopa aberto o prazo de inscrición nos Obradoiros Infantís de Semana Santa que organiza a concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón.
Van dirixidos ás/ós nenas/os de entre 3 a 12 anos empadroados ou escolarizados en Mos, e ós de fóra de Mos sempre e cando queden prazas vacantes.
Establecerase un mínimo de 8 alumnos e un máximo de 40 prazas, acorde ás necesidades de espazo.
Con estes obradoiros preténdese brindarlle ás familias e á poboación máis cativa do Concello a oportunidade de gozar da festividade de Semana Santa. É por este motivo, que se decidiu organizar uns obradoiros co motivo desta festividade para que, por un lado, as familias se beneficien dun recurso que facilita a conciliación da vida laboral e familiar; e por outro lado, que os/as máis pequenos/as do municipio, se somerxan durante os días que dura a festividade no mundo dunha das tradicións máis arraigadas no país, nun ambiente de xogo, en compañía de menores da súa contorna.
Todo isto nun espazo no que poder compartir experiencias co fin de achegarlles aos escolares do Concello de Mos unha alternativa de ocio e tempo libre mentres os seus pais e nais traballan.
A Semana Santa é unha festividade na que os nenos/as aproveitan para xogar cos seus compañeiros/as. Dada a dispersión xeográfica deste Concello, non todos/as os/as cativos/as poden gozar destes días en compañía doutros menores (que non sexan os da súa aula ordinaria), polo que se quixo ofrecer os recursos necesarios para aproveitar dita data e xuntar ós/ás máis pequenos/as a través dun traballo lúdico sobre a temática.
O obxectivo primordial é que os máis pequenos aprendan divertíndose en compaña dos seus veciños e veciñas. Os obradoiros realizaranse nas instalacións da Ludoteca Municipal de Mos, sita en San Rafael, parroquia de Pereiras, co fin de facilitar a conciliación da vida laboral coa vida familiar ao mesmo tempo que se ofrece unha alternativa de ocio e tempo libre para os nenos/as celebrando a Semana Santa. Tamén se pretende favorecer as relacións interpersoais entre os nenos/as dos diferentes colexios de Mos nun ambiente lúdico.
Accederase a esta actividade a través do cumprimento da solicitude que poden obter no departamento de Participación Cidadá e no Rexistro do Concello ata o 18 de marzo incluído. A solicitude de inscrición está a disposición do público, na concellería de Educación no edificio Multiusos, no Rexistro do Concello e na páxina web do Concello, no apartado de Educación, no sub-apartado de Descargas. A lista de admitidos publicarase o propio 18 de marzo.
Os obradoiros terán lugar os días 21, 22, 23 e 28 de Marzo (ambos inclusive) sendo o horario de 10:00 horas a 14:00 horas, cun servizo opcional de aula matinal a partir das 08:00 horas (cun custe de 12 euros a maiores sobre o prezo por participante). O prezo do obradoiro para os nenos/as empadroados ou escolarizados en Mos é de 30 euros, mentres que para o resto será de 40 euros (o Concello subvenciona 10 euros por cada neno mosense ou escolarizado en Mos).
Cada día dos obradoiros realizarase unha actividade distinta: o día 21 de marzo será xardinería, o día 22 cociña, o día 23 marcos de Bolboreta e o día 28 celebrarase unha Festa da Colleita.
Os obradoiros impartiranse cunha metodoloxía activa e participativa, os rapaces/as sitúanse como creadores sendo eles/as os que marcan os ritmos e aportan as ideas que lles gustan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159