Miércoles, 29 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 09 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Rueda proporá a Nidia Arévalo como vicepresidenta e voceira do PP de Pontevedra

Pide facer política de proximidade e di que é tempo de dar responsabilidades no ámbito provincial a aqueles que demostraron ter o apoio dos veciños no ámbito local

[Img #23507]

 

O candidato á Presidencia do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, incluirá na súa executiva á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que ostentará o cargo de vicepresidenta do partido. Ademais, Rueda encomendaralle as funcións propias da portavocía tanto no ámbito da organización como na Deputación provincial.

 

O aspirante considera que Nidia Arévalo pertence a esa nova xeración de políticos que combina xuventude con experiencia de xestión pública, e que contan co aval das urnas. No caso da alcaldesa de Mos, obtivo maiorías absolutas tanto nos tempos de maior fortaleza electoral do PP, en 2011, como cando o partido tiña máis dificultades polo desgaste da xestión da crise, en 2015.

 

Rueda cre que nos novos tempos que o partido ten que inaugurar haberá que dar máis protagonismo a persoas que teñen demostrado contar co respaldo dos seus veciños pero que aínda non asumiron responsabilidades de primeiro nivel a nivel provincial.

 

Ademais, cre que a vida pública local permite facer unha política de proximidade que temos que implementar na totalidade das estruturas do partido. Por iso, o candidato popular avanza que o seu núcleo de traballo estará formado, maioritariamente, por persoas que teñan traballado nese ámbito. “Ninguén sabe máis das necesidades dos veciños que os que lles visitan nas súas casas; e os que teñen feito ese traballo nas eleccións para pedir o voto son os que agora deben dar un paso ao fronte e traballar dende a dirección do PP de Pontevedra”, apunta.

 

Nidia Arévalo será unha das principais caras do partido e terá ante si, non só as labores propias do cargo de vicepresidenta, senón tamén unha importante labor como alicerce comunicativo do PP de Pontevedra. Así, será a encargada de posicionar á organización na Deputación pero tamén de axudar a comunicar a postura do partido nos temas de actualidade fora do organismo provincial.

 

A potenciación do cargo de voceiro do partido –que se vincula á Vicepresidencia- responde as necesidades de mellorar na nosa comunicación cos cidadáns, de forma que as nosas decisións, ademais de ser axeitadas, sexan tamén ben transmitidas aos pontevedreses.

 

Polo tanto a futura vicepresidenta do PP de Pontevedra deberá ser un continuo enlace entre a nosa mensaxe e os cidadáns da provincia, do mesmo xeito que o terán que ser o presidente, a persoa que ocupe a Secretaría Xeral, e o resto de cargos do partido que saian do Congreso desta fin de semana. 

 

 

Perfil

Nidia Arévalo é licenciada en Químicas pola Universidade de Vigo. Comezou a súa carreira política como concelleira do Partido Popular en 1999 e é a alcaldesa de Mos desde 2008.

 

Forma parte do Comité Executivo Provincial desde o ano 2000. Foi deputada provincial desde 2003 a 2007 polo Partido Xudicial de Tui e desde xullo de 2015 é deputada e voceira do Grupo Provincial do PP.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.