Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 10 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alumnas e alumnos do "Colexio Hermanos Quiroga" do Porriño coñecen o funcionamento do Concello

[Img #23511]

 

Os alumnos de 3º e 4º de Educación Infantil do Colexio Hermanos Quiroga, acompañados polas súas profesoras, coñeceron este mércores o funcionamento do Concello, repasaron o sistema de elección dos concelleiros, achegáronse as dependencias municipais, estiveron na Xefatura da Policía Local, onde subiron nas motos e coches patrulla xunto con varios dos axentes,ocuparon os asentos do Salón de Plenos e fixeron unha visita á alcaldesa, Eva García de la Torre, no seu despacho.


As rapazas e rapaces tiveron a ocasión de debater varios asuntos, entre eles os argumentos a favor e en contra das enerxías renovables, e ‘celebraron’ unha xuntanza da Corporación, logo de elixir aos seus representantes.


Ao final da mesma Eva García de la Torre, que deixara o seu posto na mesa presidencial a María, a alcadesa infantil, explicou aos estudantes a historia do bastón de mando e o seu significado, cómo se nomea ao alcalde, cantos son os concelleiros ou cal é a actividade que se desenrola no Concello.


A alcaldesa respondeu a todas as preguntas que lle fixeron os rapaces que a sorprenderon co seus coñecementos sobre a actualidade do Porriño e expuxeron as súas ideas para mellorar a vila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.