Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 11 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño, obrigado a pechar definitivamente o campo de tiro ilegal

A sentenza que anula a licenza de actividade é firme ao retirar o concello o recurso de apelación.

O concello do Porriño está obrigado a pechar  xa o campo de tiro ao prato que dende hai dezasete anos funciona "de xeito ilegal no monte de Atios".  A sentenza 232/2015 ditada polo xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra, que "anulaba a licenza de actividade e obra provisional outorgada polo goberno de Nelson Santos á Sociedade de Tiro Rosa Porriño La Venatoria", xa é firme.

 

Os veciños de Atios sinalan nun comuncado que "esa sentenza fora recorrida en apelación ante o TSXG en contra da promesa que a propia alcaldesa Eva García de la Torre lle fixera aos veciños". Agora, nunha decisión "que a comunidade de montes de Atios aplaude", o goberno local decidiu retirar o recurso e, deste xeito, a sentenza que anula a actividade é firme a todos os efectos.

 

Confirmado o martes día 2 de marzo o desestimento do recurso por parte do Concello ante o TSXG, o goberno local ten a obriga de instar ao peche do campo de tiro sen máis dilación. De non ser así, a comunidade actuará en consecuencia ante os órganso xudiciais e administrativos correspondentes para denunciar ao responsable de que non sexa acatado o mandato xudicial.  

 

A comunidade de montes non desbota tampouco demandar xudicialmente aos responsables de manter unha actividade aberta durante 17 anos sen ningún tipo de cobertura legal. Asimesmo esixirá a reparación do dano ambiental  causado nos montes comunais polo vertido ilegal de toneladas de residuos (cerámicas, vaíñas plásticas e chumbo) derivados do tiro ao prato. Demandará unha compensacion pola afección ao cultivo forestal situado na área de impacto da actividade. E estará moi vixilante contra calquera intento de dar cobertura legal a unha actividade ilegalizable, por moito que sexa do interese particular dalgúns funcionarios municipais ou de persoas relacionadas co concello do Porriño.

 

A comunidade de montes de Atios lamenta que "tivera que ser un tribunal, a instancia da denuncia dos veciños, o que certificara a ilegalidade deste campo de tiro. Unha ilegalidade coñecida polo concello do Porriño, a policía local, a garda civil e a policía autonómica, algúns de cuxos membros eran usuarios do campo de tiro, pero que nunca actuaron para esixir o cumprimento da lei" aseguran nun comunicado feito público esta semana.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.