MOS
A Policía Local de Mos ensina a ‘coidar o que máis che importa’
Impartiron esta mañá un curso sobre sistemas de retención infantil na sala de maternidade do Centro de Saúde.
![[Img #23528]](upload/img/periodico/img_23528.jpg)
Esta mañá celebrouse na aula de maternidade do Centro de Saúde de Mos, sito no Rebullón, unha charla formativa sobre sistemas de suxección infantil nos vehículos, impartida pola Policía Local mosense e titulada ‘Coida o que máis che importa’. A ela asistiron numerosos pais e nais con fillos/as de curta idade, así como futuras nais que se atopan en período de xestación.
O curso hoxe impartido sobre sistemas de retención infantil tiña como obxectivo fundamental concienciar á poboación de que tódolos nenos/as que viaxen en coche deben levar sempre a súa cadeira adaptada.
Así mesmo os menores con altura igual ou inferior a 135 centímetros deben viaxar obrigatoriamente nos asentos traseiros do vehículo pola súa seguridade. Excepto cando o vehículo non dispoña de asentos traseiros, estes estean ocupados por outros menores coas mesmas características, ou cando non sexa posible instalar nos asentos traseiros tódolos sistemas de retención infantil.
Dende a Policía Local de Mos considérase fundamental a concienciación respecto deste tema, pois os sistemas de retención infantil reducen nun 75% as mortes en un 90% as lesións. As lesións máis frecuentes cando non se utilizan os S.R.I son lesións de pescozo en cativos de ata 2 anos de idade, lesións na cabeza entre os 2 e os 4 anos; e lesións abdominais entre os catro e dez anos.
Outros aspectos abordados polos axentes policiais locais foron como elixir o sistema de retención máis axeitado, nocións para mercar unha cadeira adecuada, e para instalala correctamente con cintos de seguridade ou Isofix.
Detalladamente explicáronse durante esta actividade matinal os grupos de idade e as características dos sistemas de suxección específicos de cada grupo. O grupo 0 e 0+ que integra ós recén nacidos de ata 13 quilos aproximadamente, o grupo 1: de 9 ata 18 quilos aproximadamente, os grupos 2 e 3: de 15 ata 36 quilos aproximadamente e a partir de 135 centímetros de altura.
Para as mulleres embarazadas asistentes á acción formativa explicouse tamén como empregar o cinto de seguridade durante o embarazo. E os policías mosenses concluíron a súa exposición con cinco regras de ouro sobre os sistemas de retención infantil que son empregar sempre o sistema de retención infantil axeitado á altura e peso do/a neno/a, colocar o maior tempo posible a cadeira en sentido contrario á marcha, asegurarse de que a cadeira está ben anclada ao vehículo e que o neno/a vai ben suxeito/a, vixiar os traxectos curtos e dar exemplo ós cativos poñéndose sempre o cinto.
Por último, lembróuselles ás futuras nais que as cadeiras de protección deben empregarse dende o primeiro viaxe en coche dos recén nacidos, á saída dos mesmos do hospital. A esta charla asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Participación Cidadá e Mobilidade, Kely Monzón; non só como representantes da administración local promotora da iniciativa, senón como interesadas a título persoal por seres nai dun bebé de seis meses e futura nai a piques de dar a luz, respectivamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141