Martes, 28 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 11 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Nenos reais e iguais en Mos

Alba Alonso trae ós colexios mosenses a iniciativa ‘Xogando Iguais’ da man da concellería de Política Social e con motivo da semana conmemorativa da Muller.

[Img #23533]

 

Celébrase en Mos a semana da igualdade con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o pasado martes, 8 de marzo. Por elo dende a concellería de Política Social que dirixe a edil Sara Cebreiro estase levando a cabo nos centros educativos mosenses a iniciativa ‘Xogando Iguais’, impartida pola educadora Alba Alonso.


Realizouse xa cos alumnos/as do CEIP Pena de Francia, hoxe puideron participar nela os rapaces de quinto e sexto cursos de Educación Primaria do Colexio de Petelos e para a semana farano os do CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro Mos.


Esta actividade surxe da necesidade de educar dende a infancia para previr as situacións de violencia de xénero, entre outras problemáticas machistas que invaden a sociedade actual. Durante a mesma, os cativos participantes traballan sobre os diferentes estereotipos de xénero durante unha sesión dunha duración aproximada dunha hora.
A actividade en sí consta de tres dinámicas diferentes nas que, a través do xogo, o alumnado participante aprende sobre o absurdo dos estereotipos de xénero, da clasificación dos xogetes en función do sexo e dos roles masculino e feminino na literatura en xeral e nos contos en particular.


Os obxectivos deste taller infantil de igualdade son, segundo declararon a propia Alba Alonso e a concelleira promotora do mesmo, Sara Cebreiro, son “concienciar ao alumnado sobre diferentes estereotipos, fomentar a igualdade entre nenos e nenas na vida diaria, favorecer un clima coeducativo no que ninguén se sinta discriminado por razón de xénero, e comezar a erradicación da violencia de xénero dende a escola de Educación Primaria a través de pequenas accións”.


Alba Alonso
Alba Alonso Feijoo, educadora vocacional. Docente na escola pública e Doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo. Como profesional e nai, deuse conta de que existe unha necesidade de cambio na educación de xénero. Grazas ao traballo da súa tese doutoral, caeu na conta de que se necesita un movemento sólido e común que poida mellorar a sociedade.


Gústalle aprender e ensinar, ensinar e aprender, gústalle a xente, encántalle a infancia, apaixónalle a educación, alucínanlle a tecnoloxía e as redes sociais. Aprendendo a transmitir todo o que leva dentro.


O seu último proxecto é www.realkiddys.com , un soño para que o final da súa tese non fose o seu único fin.
Realkiddys propón nenas e nenos auténticos, reais e libres. Cre nunha infancia creativa, onde a mente activa é a protagonista e onde o valor lúdico é innato. Unha infancia na que existe o verdadeiro `eu´. É unha chamada de atención sobre o valor único que teñen os pequenos. Unha defensa sobre a toma de decisións en canto aos seus gustos, non en canto aos gustos que a sociedade lles impón baseándose no seu sexo. Realkiddys nace en forma de plataforma a través da que crear un punto de encontro dun movemento social. Un movemento que busca un xiro de pensamento respecto da educación dos nosos nenos e o binarismo social neno/nena establecido.


Alba Alonso é docente lingua inglesa da Consellería de Educación dende setembro de 2008 á actualidade (7 anos 7 meses), coordinadora de Seccións Bilingües, Doutora en Filoloxía Inglesa. Tese: "Masculinities in English Children's Literature..."University of Vigo2011 - 2016 (5 anos). Lida o 2 de Febreiro de 2106. Nota: Sobresaínte.


Impartiu docencia en Bacharelato onde ademais exerceu labores de titoría. Tamén participou na incorporación da lingua inglesa nas etapas de Infantil e primeiro ciclo de Primaria como especialista. Colexio privado As Acacias xaneiro de 2001 - setembro de 2001 (9 meses). Impartiu docencia a Bacharelato e E.S.O. Docente lingua inglesa British Heritage de outubro de 1994 a agosto de 1999 (4 anos 11 meses).


Conta con recoñecementos e premios coma ser a gañadora do ‘Certame de charlas motivacionais Transmitologoexisto’ na Universidade de Santiago de Compostela, febreiro de 2015, Concurso de Charlas Motivacionais celebrado na USC o 27 e 28 de febreiro do 2015. Organizado por Oddball, Club de debate Compostela, AIESEC e a Escola de Oratoria Elocuencia. Gañadora de ‘MELLORES INICIATIVAS TIC 2011’ con ‘EDUCACIÓN 3.Ou’  e finalista do ‘IV PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS’ co Blogue "A ARTE DO ÚLTIMO CURSO" (blogue usado unicamente no curso 2010/2011 para unha función determinada).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.