Lunes, 27 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 12 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Actrices mosenses pechan o cartel de actos da semana da Muller cunha obra que lembra como vivían as nosas avoas

“As Ghaliñas de Mos” representarase o domingo 13 de marzo ás 19.00 horas no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso

[Img #23532]

 

A concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, visitou onte ó Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade de Mos durante o ensaio xeral previo á función da obra “As Ghaliñas de Mos” que representarán o vindeiro domingo, 13 marzo, con motivo da semana da Muller durante a que se ven conmemorando o Día Internacional da Muller, celebrado o pasado martes 8 de marzo.

 

A edil Sara Cebreiro informou do motivo da elección desta función do Grupo de Teatro das Mulleres de Mos para clausurar o programa de actos da semana da Muller en Mos, que non é outro que a temática da celebración deste ano: a homenaxe ás avoas. “As Ghaliñas de Mos” é unha visión descriptiva en clave de humor sobre como vivían as hoxe avoas mosenses, outrora mulleres novas, o día grande da festa do municipio.

 

A obra representarase, como xa se dixo, o domingo no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, ás 19.00 horas. A entrada será libre e de balde ata completar aforamento.

 

“As Ghaliñas de Mos” é unha comedia coa que calquera mosense pode sentirse identificado. Unha historia creada e contada polo propio Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade de Mos, que trasladará a todo o público asistente a un día de festa onde non faltarán as risas, as lembranzas do pasado, o amor, os cotilleos, as ‘ghaliñas’ e os ‘ghuevos’.

 

A programación municipal mosense con motivo do Día Internacional da Muller enmárcase este ano baixo o eslogan ‘Grazas avoa’.

 

Sobre o que Cebreiro declaraba esta mañá que “este ano quixemos aproveitar para rendir unha homenaxe ás nosas avoas, ás que tanto lles debemos, e a través da súa figura reivindicar a igualdade e facer balance, en particular sobre a situación das avoas na sociedade, e en xeral sobre a situación da muller a tódolos niveis”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.