Lunes, 27 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 13 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

20 novos traballadores engrosan as brigadas municipais de operarios

Adicaranse ó mantemento de espazos públicos

[Img #23534]

 

O Concello de Mos continúa coa súa intensa aposta polo fomento do emprego mediante a contratación de novos traballadores de distintas categorías. Hoxe comezaron a traballar no Concello de Mos operarios contratados ao abeiro do Plan Provincial de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais.

 

A administración local mosense solicitou neste senso á Deputación de Pontevedra unha subvención de preto de 200.000 euros coa que se financiarán os soldos a xornada completa de 20 traballadores durante 9 meses uns, e case 10 meses outros.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Persoal e Política Social, Sara Cebreiro, a edil de Medio Ambiente, Julia Loureiro, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, e o de Limpeza, Parques, Xardíns e Revalorización de Espazos Públicos, Cándido Pérez, recibiron onte no salón de sesións da Casa Consistorial mosense a estes traballadores para darlles a benvida e que puideran asinar os seus contratos.

 

Estes operarios clasifícanse en diferentes función: 4 son teitadores de asfalto, 2 instaladores de tubos para conducción de gavias, 5 operarios mantedores de edificios, 6 operarios mantedores de parques e xardíns (estes 17 teñen un contrato de 9 meses); e 3 limpadores-mantedores de piscinas (con contrato de case 10 meses).

 

Os requisitos que debían cumprir as persoas candidatas a estes postos eran ser desempregados non perceptores de ingresos, ou perceptores de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia, tales coma o RISGA, RAI, PREPARA ou similares. A contratación dos traballadores realízase directamente a través do Servizo Público de Emprego, SEPE, que é quen se encarga de preseleccionar ós candidatos.

 

A alcaldesa manifestouse satisfeita e optimista ante o índice do desemprego en Mos, que espera que “con accións coma esta de contratación de novos traballadores para o Concello e o repunte que parece que está a experimentar a economía a nivel nacional, as cifras do paro comecen a descender radicalmente”, dixo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.