PROVINCIA
Sorteo das eliminatorias dos equipos participantes na copa de fútbol da Deputación de Pontevedra
O luns ás 20:00 terá lugar o sorteo da fase de Vigo da Copa Deputación na sede da institución provincial na cidade olívica.
A Deputación de Pontevedra acaba de realizar o sorteo das eliminatorias dos equipos participantes na novena edición da Copa Deputación de Fútbol, fase Pontevedra. O vindeiro luns, ás 20:00 terá lugar o sorteo da fase de Vigo da Copa Deputación na sede que a institución provincial ten na cidade olívica.
Nesta novena edición da Copa Deputación participan máis de mil equipos e clubs da provincia de todas as categorías que moven a máis de 18.000 persoas. En concreto esta edición da Copa Deputación, que o novo goberno da institución provincial manterá ó longo de toda a lexislatura, aglutina a máis de 100 equipos de primeira liña. Tamén participan 25 equipos na copa feminina e una copa base onde son máis de 900 equipos de todas as categorías.
A Deputación de Pontevedra ten un firme compromiso coas actividades deportivas pola súa capacidade de promover hábitos saudables, de cohesión e desenvolvemento da provincia. Para elo está a poñer en marcha liñas de axuda para o deporte federado, competicións nacionais, autonómicas e locais, deportes náuticos, convenios de patrocinio co Celta, Pontevedra ou Coruxo, pero tamén convenios con equipos de balonmán ou ciclismo, entre outras modalidades deportivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103