Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 12 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

O Trilho dos Pescadores abre o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade 2016

Sairá o domingo ás 10 hora española da Igrexa de San Pedro da Torre. É preciso realizar inscrición previa.

Este domingo, 13 de marzo, comeza o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado pola Eurocidade Valença-Tui, co primeiro dos percorridos programados para este ano 2016. Será co Trilho dos Pescadores que sairá ás 10 hora española dende a Igrexa de San Pedro da Torre. Os participantes terán que percorrer unha distancia de 7 quilómetros, de dificultade baixa, cunha duración aproximada de dúas horas e media.


Varias son as novidades que presenta este ano o circuíto de andainas. Unha de elas é a obrigatoriedade de facer a inscrición previa, a través do correo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com, ou a través dos móbiles 00351.934.440.770 e 607.785.601. Dado que ao termo das camiñadas se realizarán degustacións de distintos produtos típicos do lugares por onde pase o percorrido, as andainas terán un prezo de inscrición de 5€ por persoa e 3€ para menores de 12 anos. Neste Trilho dos Pescadores, os participantes poderán degustar varios pratos de lamprea, coincidindo coas xornadas gastronómicas en Valença de “Sabores da Lampreia”.


Para todos os participantes que non coñezan o punto de saída establécese, como en anos anteriores, o punto alternativo do aparcamento del Lidl de Valença, ás 09.40 horas españolas.


Toda a información relativa a estas andainas pódese consultar no Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”, ou a través das webs dos clubs organizadores, Celtas do Minho en Valença e AndaTui Rego da Pedra en Tui.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.