Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 12 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O Concello de Salceda débelle a empresarios e autónomos “máis dun millón de euros”

Os populares aseguran que hai provedores que levan máis de 14 meses sen cobrar as súas facturas

[Img #23562]

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia a situación que están a padecer moitos empresarios e autónomos que ven como pasan os días e seguen sen cobrar as facturas por traballos feitos. “Cónstanos que hai provedores que levan máis dun ano e dous meses á espera de que se lle faga o abono correspondente”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro do Partido Popular.

 

Todas esas facturas pendentes de pago suman, a día de hoxe, máis dun millón de euros. “E o peor é que o alcalde, como non ten xustificación algunha, bótalle a culpa á oposición, cando a única culpa que temos é fiscalizar o labor do goberno sendo sempre construtivos e velando polo ben do pobo, á vez que clarexar e dar a coñecer a todos os veciños a situación real na que nos atopamos. E esa situación real é, precisamente, que a causa deste retraso nos pagos é debida á inexistencia de partida e liquidez, porque o goberno confeccionou un orzamento irreal e inflado, onde os ingresos previstos non se cumpriron, sendo eles mesmos conscientes de que non se cumprirían, e, consecuentemente, os gastos planificados non poden ser pagados”.

 

“Exemplo deste desfase e descontrol son os 850.000 euros que prevían ingresar en concepto de IBI, cando en realidade só se chegou aos 716.000 euros e os 200.000 euros polos postos da praza de abastos e os 40.000 euros por abrir zanjas que finalmente quedaron a cero, non ingresando ningún so euro deses 240.000 previstos” aseguran. “E todo elo sabendo de antemán, pola cantidade recadada noutros exercicios e polo coñecemento real da situación actual, que esas cifras de ingresos nunca se cumprirían, importándolles unicamente contratar obras e proxectos para anuncialos en época preelectoral. Se a iso lle engadimos que eran conscientes tamén que realmente non había cartos para pagarlle a esas empresas e autónomos aos que contrataban para facer obras e servizos, o asunto é dobremente grave”.

 

“É o goberno o único responsable de que os provedores estean sen cobrar, por contratar o que sabían que non podían pagar e por falsear as contas, actuando dun xeito irresponsable, imprudente e, totalmente, insensato”, subliña Rodríguez Davila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.