Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas anuncia a licitación do servizo de retirada de vehículos con guindastre

Os autónomos ou empresas interesadas poderán consultar na Secretaría do Concello as condicións do concurso a partir desta semana

[Img #23565]

 

O Concello de Ponteareas ten previsto licitar nos vindeiros días o servizo de retirada con grúa de vehículos que non estean estacionados axeitadamente, o cal será adxudicado durante o período de 1 ano, que se poderá prorrogar polo prazo doutro ano.

 

As empresas ou os autónomos interesados en presentar as ofertas para xestionar o servizo poderán pasar pola Secretaria do Concello a partir desta semana e consultar a información que precisen. O Concello fixa como importe máximo de licitación unha retribución anual única e fixa de 30.000 euros.

 

Trátase dun servizo que se estivo prestando sen contrato dende o ano 2006 e cuxa última adxudicación se produciu en 2001 por un período de cinco anos. Os contratos de xestión dun servizo público non poden ter carácter perpetuo e indefinido, debendo quedar fixadas obrigatoriamente as prórrogas e súa duración no prego de condicións. É por isto que, de acordo co informe do asesor xurídico municipal o servizo veuse prestando dende 2006 “sen amparo contractual”.

 

Ponteareas conta cun depósito temporal con 70 metros cadrados de superficie xunto Policía Local, con capacidade para albergar 6 vehículos, ademais do espazo destinado nas dependencias do parque móbil.

 

O obxectivo é “dotar de legalidade a un servizo municipal que estivo demasiado tempo sen cumprir a normativa vixente pola irresponsabilidade do anterior executivo, e que por primeira vez en 10 anos vai ser prestado de maneira regular”, tal e como ven de recoñecer a concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.