Salceda de Caselas
O Programa “Cultiva a mente” bota a andar en Salceda
A Concellaría de Benestar Social ven de anunciar a posta en marcha dun novo programa dirixido ás persoas maiores do municipio. O taller “Cultiva a mente” nace como un proxecto que engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional. Os usuarios serán participantes activos, inmersos nun programa formativo que explorará as preocupacións e necesidades de cada individuo, proporcionando unha resposta que sexa extrapolable ó seu día a día e proporcione hábitos saudables no plano cognitivo e no afectivo.
Os asistentes ao programa realizarán actividades de memorización, así como tarefas nas que se estimule a lóxica, a planificación, a organización e a toma de decisión, tanto individual como grupal. Realizaranse tamén exercicios para mellorar a orientación temporal, espacial e persoal, ensinándolles aos maiores a empregar axudas externas para orientarse.
O programa vai dirixido ás persoas maiores de 65 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención deste deterioro e no coñecemento do envellecemento activo. Levarase a cabo os martes a partires das 11:00 no centro Social da Devesa, e correrá a cargo de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras doencias). As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición no Rexistro Xeral do Concello, lembrándose que as prazas son limitadas e que se asignarán por orde de inscrición. O programa está financiado pola Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Concellos 2016.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149