Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 12 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

A alcaldesa do Porriño avanza unha posible solución para conquerir que o Porriño Industrial poda rematar a presente tempada

Eva García de la Torre repetiu que a situación da entidade deportiva “é complicadísima”

[Img #23581]

 

A alcaldesa do Porriño mantivo unha xuntanza coa directiva do Porriño Industrial e, ao seu remate, no Salón de Plenos do Concello, deu conta da mesma e respostou ás preguntas que quixeron formularlle aqueles do cento de traballadores, socios e xogadores do clube que estaban presentes.

 

Eva García de la Torre sinalou que o Concello “está estudando una solución que permita que ao clube faga fronte aos gastos necesarios para o remate a actual tempada, e subliñou que, maila a que os cartos destiñados ao Porriño Industrial están aprobados e consignados, o Goberno local non pode, legalmente, ingresalos mesmos sen un informe favorable do interventor municipal”.

 

A alcaldesa informou de que “a anterior xunta directiva do clube presentou no Concello 31.000 € en facturas falsas para xustificar os gastos da tempada anterior, tal e como confirmaron os servizos municipais”. Este feito,salientou, “é un delicto tipificado no Código Penal, está a ser investigado no xulgado, ao que membros da anterior directiva acudiron a declarar como investigados, e impide ao Concello facer calquera tipo de ingreso ao Porriño Insutrial”.

 

Ainda tendo en consideración estos feitos, que segundo varios dos presentes eran xa coñecidos hai varias tempadas, tanto dentro do clube como por os anteriores responsabeis municipais, Eva García de la Torre, insistiu en que “en pouco tempo” podería dar estar en disposición de aportar unha “fórmula legal” que permita achegar ao Porriño Industrial dispor de liquidez para rematar esta campaña.

 

A alcaldesa advertiu que a esta fórmula debe pasar por unha xestión da nova directiva que solvente a situación pola que pasa o clube e por atopar, de cara a tempada que ven, patrocinadores privados.

 

Eva García de la Torre repetiu que a situación da entidade deportiva “é complicadísima”, ofreceu o seu compromiso de atopar unha “posible solución” e, por último, quixo deixar moi craro que “hoxe por hoxe, tal e como está a situación dentro do clube, o Concello non pode darlle un céntimo ao Porriño Industrial como Porriño Industrial”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.