Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 14 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Porriño remite a FEGAMP un informe cos danos dos temporais cara ao pago dos mesmos por parte da Xunta

[Img #23582]

Como consecuencia dos adversos fenómenos meteorolóxicos (temporais, chuvias intensas,ventos) deste inverno, téñense producido múltiples incidencias con danos nos viais municipais en todo o concello, como desprendimento de noiros, desplome de viais, desbordamento de ríos ou danos na calzada da varias estradas, en distintas parroquias.

 

Segundo os servizos municipais, coordinados pola Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, os danos afectan a Pontellas, onde se produxo o desplome do tramo dun víal de paso sobre o arroio Miñoteira e tamén en San Roque; a varios treitos do Camiño de Santiago que atravesan O Porriño e ao propio Paseo do Louro; a Mosende, co desplome de parte dun muro de contención en A Costeira, un noiro en Casal e danos nun labadoiro de San Diego e varias pedras en camiños de Filgueiras, en Chenlo.

 

Dacordo co informe elaborado polos Servizos Técnicos do Concello, o custo reparación destos danos superaría os 160.000€, aos que habería que sumar os causados en varios treitos do Camiño de Santiago que, “debido ó numeroso das incidencias e a grande superficie afectada” resulta de difícil estimación e que requerirá varios días máis para completar a mesma.

 

En base a elo, e segundo acordo dos concellos afectados polos efectos dos temporais, será a Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), da que forma parte Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, a que na súa xuntanza do mércores, día 16, faga unha avaliación dos danos que afectan a todos os concellos antes de remitila ao Goberno de Galicia, quen asumiu o compromiso de facerse cargo dos orzamentos de reparación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.53

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.