Mos
Cogami estrea instalacións en Mos
Sitas no Rebullón, contan con centros ocupacional e de día, vivenda tutelada e aulas de formación
![[Img #23601]](upload/img/periodico/img_23601.jpg)
Esta mañá celebrouse unha visita institucional ás novas instalación de Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) no Rebullón, que contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro; Ángel Holguera, presidente provincial de Cogami e Celso Álvarez, coordinador de Cogami en Pontevedra.
A mellora da sede de Cogami no antigo Complexo do Hospital Psiquiátrico do Rebullón realizouse para realizar unha adaptación das instalacións para Centro de Recursos para a Discapacidade composto por unha Vivenda Tutelada e un Centro de Atención Diurna que engloba as áreas de Centro de Día, Centro Ocupacional e Aulas para Formación Profesional Ocupacional.
Estes espazos están situados dentro da parcela común que acolle tódolos edificios do citado centro hospitalario e, coa realización dos traballos, non se incrementou a superficie construída dos edificios, xa que tódolos cambios introducidos conservaron a envolvente definida no proxecto inicial.
O novo Centro de Día dispón de 34 prazas, o Centro Ocupacional 22 prazas e a Área de Formación e Emprego está formada por unha aula homologada.
Estas dependencias distribúense en diferentes prantas: semisoto, pranta baixa, pranta alta e pranta de cubertas.
![[Img #23600]](upload/img/periodico/img_23600.jpg)
Ademais de licenza de obra e de primeira ocupación, estas novas intalacións de Cogami no complexo do Rebullón contan con autorización autonómica previa para a rehabilitación e ampliación de dous edificacións existentes para uso de centro de recursos para discapacidade, sito na Avenida do Rebullón.
As dependencias ocupadas por Cogami no Rebullón lle foron cedidas polo Sergas á asociación mediante a sinatura dun convenio.
As novas instalacións, que xa se atopan en funcionamento, contan cunha media de 80 usuarios semanais que pasan por elas, tal e como informaba hoxe Celso Álvarez.
Tras a visita, as representantes municipais declararon sentirse “orgullosas de contar no Concello de Mos cunha sede da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade dotada dunhas instalacións tan completas e modernas para un fin tan encomiable e necesario como é a integración, apoio e formación dos diminuídos/as”. E é que a mosense é unha administración local moi involucrada e volcada nas políticas sociais, ás que acostuma a dar un importante apoio orzamentario nos presupostos anuais, aumentando progresivamente ano a ano e na medida do posible as partidas correspondentes. A elo súmase a implicación da edil mosense de Política Social, Sara Cebreiro, e o arduo traballo do persoal do departamento municipal de Servizos Sociais, integrado por tres traballadoras sociais, unha psicóloga e dúas administrativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141