Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 14 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva firma o convenio de colaboración coa Sociedade Deportiva Teucro

A Deputación achega o club de balonmán de Pontevedra a cantidade de 45.000 euros anuais.

[Img #23606]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou hoxe co presidente da Sociedade Deportiva Teucro, Carlos García Alén, o convenio de colaboración polo que a entidade provincial achega a cantidade de 45.000 euros anuais ao club deportivo.


Este convenio contempla que o club deportivo deberá mostrar na súa camiseta oficial o logotipo da Deputación de Pontevedra ademais de figurar en diversos soportes publicitarios do pabillón  onde xoguen os partidos oficiais da liga Asobal e noutros materias da sociedade deportiva.


Tamén recollese no convenio que o Teucro facilitará invitacións para asistir aos partidos os escolares das escolas deportivas de balonmán  dos concellos, salvo os partidos declarados como “día do club”.


O convenio contemplase dentro do plan de apoio da Deputación de Pontevedra ao deporte e os clubs da provincia que xogan nas ligas máis importantes de cada unha das disciplinas deportivas.


Así nestes días estanse a firmar os convenios de colaboración con outros clubs como o real Club celta, o Pontevedra C.F., o Coruxo FC, o Club Balonmán Cangas, que se firma mañana martes, o Club Atlético Guardés, o Club Balonmán Porriño, o Fútbol Sala de Poio, o Gimnástia de Atletismo de Pontevedra e o Club Ciclista Froiz.


O apoio do novo goberno da Deputación de Pontevedra ao deporte vense reflexado na incorporación, aprobada no último pleno, de 2,6 millóns de euros o orzamento de máis de seis millóns de euros que  se tiñan consignados no orzamento inicial. Con esta incorporación de remanentes a Corporación poderá atender unha maior implicación en materia deportiva en toda a provincia e potenciar axudas para clubs ou outras entidades.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.