Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 14 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

Fumíganse as palmeiras do Porriño para previr a proliferación do picudo vermello

[Img #23612]

 

A Concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Orlando Vázquez, empezou o tratamento preventivo de 44 palmeiras do Porriño contra a praga de picudo vermello que, dende hai varios meses, espallouse por boa parte da xeografía galega e está a apodrecer estas árbores.

 

Persoal da empresa Galidés fumigará todas as palmeiras na primeira parte do tratamento contra o ataque deste insecto, fumigación que debe repetirse en xuño e, unha terceira vez, en setembro ou outobro para asegurarse de que o picudo vermello non afecta as palmeiras, segundo explicou o concelleiro.

 

Especialistas de Galidés sinalaron que cando a larva do insecto anida no interior da árbore o dano é prácticamente irreversibel, polo cal, tal e como se indica no protocolo definido polo Goberno de Galicia para atallar esta proliferación, a prevención é o xeito máis afectivo de combatila.

 

Este tratamento, que terá un custo de 10.000 € anuais, protexe ás palmeiras canarias, ás máis numerosas no Porriño, e as datileiras, que son as que están sendo máis afectadas en toda Galicia polo picudo.

 

Ademáis, da vixianza constante das árbores, a choiva e o frío son outros dous factores que "benefician" a loita contra esta praga que, como poido comprobarse no Levante, espállase con máis virulencia e rapidez en condicións de calor e falla de humidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.