GALICIA
Educadoras/es Sociais fórmanse para atender mellor as necesidades das nenas e nenos transexuais
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), a través do grupo Fiadeiras, organiza un curso especializado, co apoio da Asociación de familias de menores trans (Arelas).
![[Img #23616]](upload/img/periodico/img_23616.jpg)
Onte presentouse en Santiago de Compostela unha formación específica dirixida a profesionais dos eidos social e educativo, que lles aportará coñecementos sobre diversidade sexual e pautas básicas de acompañamento ás mozas e mozos en situación de transexualidade, así como ás súas familias.
No acto, Isabel Taboada, do grupo Fiadeiras destacou que as educadoras e educadores sociais se atopan nunha posición privilexiada para reducir posibles situacións problemáticas derivadas da condición de transexualidade. Así mesmo, explicou que a transexualidade é unha expresión máis da diversidade dos sexos, e non unha patoloxía.
Pola súa parte, Cristina Palacios, presidenta de Arelas, afirma que “desde ARELAS sempre transmitimos a necesidade de que as e os profesionais do ámbito social, educativo, médico e legal deben formarse en diversidade sexual, porque son quen teñen que dar os apoios precisos ante as distintas etapas e circunstancias do colectivo trans*. É por iso que todos os axentes sociais deben traballar para fomentar a sensibilización, naturalización e educación sobre a Diversidade Humana e todos os resultados singulares que o sexo produce, só así poderemos crear una cidadanía que entenda e respecte á Diferenza como a única forma de convivencia social.”
A formación en cuestión comezou onte, e desenvolverase durante as próximas semanas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136