Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 16 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Sanidade activou o protocolo de actuación ante a sarna pola detección dun abrocho en Vigo

A dirección do centro afectado está a realizar as medidas contempladas no protocolo para avaliar e controlar a evolución da transmisión no centro.

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia activou as medidas contempladas no seu protocolo de actuación en institucións con coidadores ante a aparición dun abrocho de escabiose ou sarna nunha residencia asistencial de Vigo.

 

Entre estas medidas está a detección de todos os posibles casos no centro e o seu tratamento mediante a aplicación dunha crema en, polo menos, dous ciclos separados por unha semana.

 

Ademais, dito protocolo contempla o tratamento preventivo de todos os usuarios e traballadores do centro. Este tratamento preventivo deben realizalo todas as persoas o mesmo día e debería coincidir co momento do tempo que os casos reciban o segundo ciclo do seu tratamento, para que o control do transmisión da enfermidade sexa efectiva.

 

A Consellería de Sanidade lembra que a escabiose é unha enfermidade da pel, producida polo ácaro Sarcoptes scabiei (variedade hominis). A súa clínica máis habitual caracterízase, sobre todo, por un intenso prurito nocturno, causado polo aumento da actividade do ácaro ao aumentar o calor corporal. As lesións máis frecuentes son pápulas, vesículas e/ou sucos lineais diminutos, que nos anciáns poden pasar desapercibidas.

 

A enfermidade transmítese polo contacto directo pel con pel. Este contacto debe ser prolongado e sostido, polo menos 10 minutos. Tamén pode transmitirse a través da roupa de vestir, roupa de cama, toallas, etc, pero é infrecuente.

 

Permanente comunicación de Sanidade coa residencia asistencial


A Consellería de Sanidade, a través da súa Xefatura Territorial en Pontevedra, mantén permanente comunicación coa residencia asistencial de Vigo para facer un seguimento da evolución desta incidencia e avaliar as medidas necesarias en cada momento.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.