Domingo, 26 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 17 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Aberto o prazo de inscrición na viaxe ao Algarve para maiores

A excursión realizarase do 24 ao 30 de abril

A concellería de Participación Cidadá mosense organiza unha viaxe ao Algarve destinada aos  maiores. Realizarase dende o 24 ao 30 de abril. O prazo de inscrición para os interesados atópase xa aberyo e rematará o vindeiro 31 de marzo.

 

Dende a concellería de Participación Cidadá, este ano 2016 queren seguir cumprindo coas necesidades que lles chegan ao departamento dun dos colectivos con maior amplitude veciñal, o colectivo da 3ª Idade.

 

O programa “Tempo de Excursións” que se realiza neste  departamento dende o ano 2009, data na que se creou, atende ás demandas dos maiores. Ten como finalidade que os participantes con menos posibilidades de ocio, e que non contan con iniciativa propia ou posibilidade de organización e disposición, vexan facilitadas con este servizo as súas posibilidades de viaxar con xente do seu entorno. Ademais de darlle a posibilidade de enriquecerse do turismo natural-paisaxístico e cultural.

 

Un aspecto fundamental, e que motiva a seguir organizando cada vez máis este tipo de actividades, é o fortalecemento dos lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe.

     

A concellería de Participación Cidadá pretende ofertar ós maiores a posibilidade de coñecer outros lugares fóra da comunidade galega, con gran riqueza e encanto cultural e paisaxístico. Neste caso, terán a oportunidade de coñecer o Algarve, rexión máis meridional de Portugal continental que abarca 4960 Km² e alberga unha poboación aproximada de 420.429 habitantes de forma permanente.

 

Poderán participar na viaxe todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. Non é preciso que os cónxuxes ou parellas de feito que estean inscritos no rexistro, cumpran os requisitos. No caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en  Mos. Os fillos/as discapacitados/as poden acompañar ós seus pais.

 

Para participar nesta actividade as persoas interesadas deberán apuntarse no Rexistro do Concello, facéndoo de maneira presencial para asinar a solicitude, sendo imprescindible o cumprimento dos requisitos.

 

O día 4 de abril farase pública a lista de admitidos/as. O prezo por persoa será de 305 euros se participan un mínimo de 35 persoas e de 280 euros se o fan un mínimo de 45 persoas empadroadas no Concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.