BAIONA
O BNG solicita a retirada da bandeira da UE
![[Img #23649]](upload/img/periodico/img_23649.jpg)
Dende o BNG amósanse indignados "diante do encontro bilateral entre a UE e Turquía, asinando un acordo hipócrita e ilegal que contravén o dereito internacional e humanitario e permitindo a expulsión masiva de persoas, o Bloque Nacionalista Galego fai un chamamento pola defensa dun trato humanitario e xusto aos refuxiados e refuxiadas".
"O trato recibido pola Unión Europea ás persoas refuxiadas é indigno, vulnerando os dereitos humanos e a legalidade internacional ademais de provocar o auxe de políticas xenófobas e racistas no conxunto de Europa. Apóiase agora nun país totalitario para sacarse un problema de enriba, pagando a quenes prohiben manifestacións, pechan webs e reprimen ao pobo kurdo. A poboación europea non pode nin debe mirar para outro lado" explican.
Neste sentido, o BNG propón en sinal de repulsa e como acto simbólico a retirada das bandeiras da Unión Europea presentes na Casa do Concello de Baiona.
Esta retirada ten que ser unha medida máis de presión fronte a unha política que vulnera a legalidade, mais tamén a xustiza, a humanidade e os valores que deben impregnar calquera sociedade democrática. As políticas imperialistas dalgúns países da propia Unión europea e de EE.UU arrasan poboacións enteiras e provocan un drama humano inaceptable á altura do século XXI.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149