Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 20 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui convoca o proceso para a contratación temporal dun traballador/a social

Tamén está aberto o prazo de presentación de instancias para a formación dunha lista para a provisión interina dun técnico da administración xeral e dun arquitecto técnico.

O Concello de Tui convoca tres procesos selectivos para a contratación temporal dun traballador/a social, e para a formación de dúas listas para a provisión interina dun técnico de administración xeral e dun arquitecto técnico.

 


Así ata o 29 de marzo teñen de prazo os interesados para presentar a solicitude para participar no proceso para a cubrir unha praza de traballador/a social con carácter temporal por un período máximo de 12 meses. Os aspirantes deben estar en posesión do título de diplomado ou graduado en Traballo Social.


Por outra parte ata o 26 deste mes de marzo está aberto o prazo para presentar as instancias para participar nos procesos selectivos para a formación de dúas listas para a provisión interina de prazas de arquitecto técnico e de técnico da administración xeral. Segundo se recolle nas bases destes dous procesos o persoal da lista poderá ser nomeado funcionario interino para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira se existisen prazas vacantes e non fose posible a súa cobertura por funcionarios de carreira, ou se fose necesaria a substitución transitoria dos titulares, para a execución de programas de carácter temporal, ou cando o exceso ou acumulación de tarefas así o esixan. A lista froito deste proceso selectivo estará en vigor ata que se realice un novo proceso selectivo, ou como moito durante tres anos. Para a praza de arquitecto técnico os aspirantes deben estar en posesión da titulación de arquitecto técnico ou graduado en arquitectura técnica. Para a praza dun técnico da administración xeral os candidatos deben ser licenciados ou graduados en Dereito, Ciencias Políticas, Económicas, Empresariais ou equivalente.


As bases completas destas convocatorias poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui ou na web www.concellotui.org. As instancias poden presentarse no Rexistro de Entrada do Concello de Tui.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.