Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 17 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Aberto o prazo de solicitude para os campamentos de verán da Deputación

Os interesados poden inscribirse xa na OMIX-do Centro Cultural do Porriño

[Img #23667]

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño informa que está aberto o prazo de solicitude para o ‘Programa Depo Aventura A Lanzada 2016’, organizado pola Deputación de Pontevedra.


Este campamento está destinado ós nen@s nacidos entre os anos 2003 y 2008 (ambos os dous inclusive), con domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra (feito que se acreditará mediante volante de empadronamento).


Tódala información esta a disposición dos interesados na OMIX- no Centro Cultural Municipal do Porriño- en horario de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres, ou na páxina web www.depo.es.


Os interesados nos mesmos poden consultar as bases e baixarse os formularios de inscripciónentrando, tamén, en www.depo.es, onde está pendurado, asi mesmo o programa de actividades.


As rapazas e rapaces disfrutarán dos campamentos de ‘Depo Aventura A Lanzada’en 11 quendas que terán lugar do 26 de xuño ao 10 de setembro de 2016, distribuídas nas seguintes datas: Primeira quenda: do 26 de xuño ao 2 de xullo; Segunda quenda: do 3 ao 9 de xullo; Terceira quenda: do 10 ao 16 de xullo; Cuarta quenda: do 17 ao 23 de xullo; Quinta quenda: do 24 ao 30 de xullo; Sexta quenda: do 31 de xullo ao 6 de agosto; Sétima quenda: do 7 ao 13 de agosto; Oitava quenda: do 14 ao 20 de agosto;  Novena quenda: do 21 ao 27 de agosto; Décima quenda: do 28 de agosto ao 3 de setembro; Undécima quenda: do 4 ao 10 de setembro, esta última queda condicionada á data de comezo das clases do próximo curso escolar.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.