PROVINCIA
FES-UGT denuncia que a Xunta esquece informar do protocolo d ante o brote de sarna aos traballadores de Iberclean
A Federación de Servizos, FES-UGT, de Vigo denuncia o inexplicable abandono por parte da Consellería de Sanidade e da Consellería de Política Social ás traballadoras e traballadores da empresa Iberclean que realiza as labores de limpeza no Centro de Atención a Persoas Dependentes de Vigo II de Meixoeiro, dependente da Xunta de Galicia.
O pasado venres un brote de sarna obrigou a poñer en situación de illamento aos 140 ancianos da residencia do Meixoeiro (Centro de Atención a Persoas Dependentes de Vigo II). Este illamento e as medidas sanitarias oportunas foron postas en práctica e comunicadas ao cadro de persoal do Centro, pero en ningún momento comunicóuselle ao persoal de Iberclean, que realiza a limpeza do centro e está en permanente contacto cos residentes, ningún protocolo de actuación para evitar o contaxio ou a propagación da enfermidade.
FES-UGT de Vigo reclama tanto a Consellería de Sanidade, responsable do control do brote de sarna, como da Consellería de Política Social, responsable da xestión do Centro de Atención a Persoas Dependentes de Vigo II, non esqueza de xeito tan inexplicable ao persoal de limpeza de Iberclean, que están en contacto directo con residentes e persoal de atención aos mesmos, no tratamento deste brote infeccioso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136