Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 18 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Museo acolle a presentación do último número de "Galegos", que dedica o apartado "Persoeiros" a Filgueira Valverde

O deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, salientou a importancia de manter vivo o legado do polígrafo pontevedrés.

O deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, encabezou esta semana o acto de presentación do último número da revista Galegos, que dedica o seu apartado "Persoeiros" á figura e ao legado de Xosé Filgueira Valverde. "De todo o legado desta figura destacada da nosa cultura, eu quero salientar o seu traballo no eido do estudo e a divulgación do patrimonio galego, por tratarse dun elemento fundamental para a nosa cultura ao que queremos darlle toda a relevancia posible neste Ano Castelao que estamos conmemorando desde a Deputación", sinalou Xosé Leal. O deputado provincial tamén fixo fincapé na defensa da lingua e na normalización do idioma que levou a cabo Filgueira Valverde ao longo da súa vida e traxectoria.

 

Este apartado da revista conta con artigos escritos por estudosos e especialistas na figura de Filgueira Valverde coma o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, ou o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle. Tamén fixeron achegas a este apartado Xermán Manuel Torres de Aboal e Xosé Fuentes Alende.

 

No acto de presentación, que se desenvolveu no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo, ademais do deputado de Cultura e Lingua, estiveron presentes o editor da publicación, Alejandro Diéguez, o director do Museo, Carlos Valle, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Montero, o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, e Araceli Filgueira Valverde, en representación da Fundación Filgueira Valverde.

 

Este número de Galegos tamén dedica un apartado a Manuel Quintana Martelo, na súa faceta de artista plástico, con achegas da autoría de Miguel Fernández-Cid, Miguel Anxo Fernán Vello, Ramón Rozas e Paula Cabaleiro. A sección "Entrevistas" inclúe unha conversa entre Perfecto Conde e Arcadio López-Casanova; e a sección "Crónicas" está dedicada ao sector lácteo, con colaboracións de Marcelino Fernández Mallo e Manuel Lara Coira. Tamén se inclúen artigos de Fernando J. Ponte Hernando, Javier del Valle-Inclán Alsina e Joaquín Bardavío.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.