Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 20 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Biblioteca Municipal acollerá un programa de apoio a familias con nenos con autismo

Coidamos-TEA está organizado pola Federación Autismo Galicia e conta coa colaboración do Concello de Ponteareas.

A Biblioteca Municipal do Concello de Ponteareas será o escenario no que se desenvolva o programa de apoio a familias que teñan nenos ou nenas que padezan Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). A iniciativa, organizada pola Fundación Autismo Galicia e financiada pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta,  conta coa colaboración da concellería de Benestar Social Igualdade xestionada por Verónica Carrera e ten como principal obxectivo proporcionar ás familias das persoas con TEA un lugar de encontro onde obter información profesional e especializada sobre o autismo e compartir experiencias.


A primeira das sesións terá lugar o vindeiro 21 de marzo, en horario de 16:30 a 19:30 horas. Existen 16 prazas dispoñibles, a inscrición é gratuíta e pódese realizar a través do enderezo electrónico apoio@autismogalicia.org ou chamando ao número de teléfono 981 589 365 en horario de 09:00 a 15:00 horas.


A Federación organizará máis encontros os próximos días 18 abril, 16 maio, 13 xuño, 11 xullo e 12 setembro. A partir do mes de maio tamén comezará unha oferta dirixida a todos aqueles profesionais deste sector que desexen mellorar as súas aptitudes no tratamento e asesoramento a familias con nenos ou nenas con Trastorno do Espectro do Autismo.


O programa Coidamos-TEA conta con profesionais especializados de Autismo Galicia, que serán os encargados de levar a cabo estes encontros mensuais nos que se busca dar una resposta ás necesidades das familias, tales como: apoio no fogar, oportunidade de aprendizaxe, xogo e habilidades sociais, apoio psicolóxico, recursos e axudas sociais.  


Autismo Galicia define o programa Coidamos –TEA como “unha oportunidade para mellorar a atención ás persoas con Autismo, tanto dende a familia como dende o seu entorno próximo, como son os servizos sociais dos seus respectivos concellos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.