Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 19 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A concelleira de Educación asiste á inauguración da nova Aula Multisensorial de Aceesca

[Img #23694]

 

A concelleira de Educación, Lourdes Moure, tivo ocasión de coñecer de primeira man o labor que realizan 40 profesores da Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (Aceesca) e coñecer a parte dos seus 91 alumnos, este xoves, durante a presentación da nova Aula Multisensorial que foi inaugurada nun acto “emocionante, educativo e moi dinámico”.


A concelleira visitou a Unidade de persoas con discapacidade intelectual, a de persoas con Pluridiscapacidade intelectual, a Unidade de trastornos do espectro autista, os centros de día, ocupacional e o de Empregabilidade, ademais do departamento de Logopedia, os talleres de xardinería, manualidades,o ximnasio, a piscina ou o invernadoiro.


Así mesmo, antes delo, no salón de actos, da man de educadores e alumnos, Moure foi unha das participantes nunha actividade de percepción sensorial que tiña como finalidade transmitir as sensacións dun día normal no centro, mediante a captación de olores, texturas e sons, todo cos ollos tapados cun pano para estimular os sentidos do olfacto, o tacto e o ouvido.


Finalmente, a concelleira participou nas funcións que se realizan na nova aula de Multisensorial, que supuxo, como lembrou a directora de Aceesca, un investimento de 45.000 €, aportados por distintas empresas, organizacións e iniciativas cidadás.


Lourdes Moure salientou a importancia da tarefa que fai Aceesca e amosou o compromiso do Concello do Porriño de seguir apoiando á mesma, “tanto dende o eido local, como facendo todo o que está na nosa mán contribuindo nun dos obxectivos esenciais da formación dos seus usuarios: traballando na súa integración”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.55

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.