Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 20 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa mantén unha xuntanza coa directiva da Asociación Veciñal San Benito e San Sebastián

[Img #23695]

 

Cumprindo co seu "compromiso coas asociacións veciñais e culturais do concello", a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, seguiu este xoves cos seus contactos cos representantes das mesmas para ter toda a información sobre os seus proxectos e actividades para este ano.


Nesta ocasión os membros da xunta directiva da Asociación Veciñal San Benito e San Sebastián expuxeron o amplo programa que queren levar adiante este 2016 e que abrangue unha gran variedade de actos.


Os mesmos chegarán ao eido da saúde e o coidado persoal coa xa tradicional ‘Andaina saudábel’, un curso de pilates ou a presenza da asociación, cun stand propio, na Festa Ecolóxica da Vila.


A gastronomía será outra das súas propostas na que cabe salientar a xa famosa Festa Gastronómica do ‘Chouripán’, que xa tivo unha importante resposta o ano pasado e, coincidindo coa festividade de Defuntos, a Festa do ‘Calacú’, na que o cabazo será o protagonista.


O Ciclo de charlas e debates ‘Ateneo dos Barrios’, abrirá a programación cultural, á que se sumarán a ‘Semana Cultural dos Barrios’ e o I Certame de Relato Curto ‘Manuel Otero Saavedra’, en lembranza do admirado escritor porriñés, e que está aberto a traballos escritos en galego con temática libre.


A alcaldesa reiterou o compromiso do Goberno local coas asociacións do Porriño e o interese por dar apoio ás moitas das propostas, ideas, actuacións e actividades que as mesmas desenrolan, “o cal amosa a inquedanza e vitalidade do tecido asociativo do concello”. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.