Deportes
Hoxe celébrase o III Torneo Solidario de baloncesto en cadeira de rodas
![[Img #23718]](upload/img/periodico/img_23718.jpg)
A Concellería de Deportes e o Clube Amfiv organizan hoxe luns, día 21, no Pavillón Municipal, o ‘III Torneo Solidario Concello do Porriño BSR Amfiv-Abanca’, unha cita que xa é un clásico da Semana Santa.
Segundo informa o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, “é unha competición na que participan, de forma indistinta persoas con e sen discapacidade xogando xuntas ao baloncesto en cadeira de rodas”.
A inscrición é de balde solicitándose a cada un dos participantes que acheguen 1 quilo de comida, dado que é un torneo solidario que se disputa en tres categorías: mini (10 a 14 anos), cadete/júnior (14 a 18 anos) e sénior (categoría aberta). A competición empezará as 9 e media da maña e durará ata as 2 da tarde. Estará reservada aos máis novos, mentres que pola tarde, de 4 a 8, chegará a quenda dos sénior.
Nesta competición haberá premios e trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e sorpresas e sorteos para os demais participantes grazas á colaboración, entre outros, de Dejavu, Manelsanchez.com, Azzya centro de benestar ou Tapería Largo da Costa. Os interesados en participar poden atopar máis información e a folla de anotación en www.cdamfiv.com.
Logo do acordo entre o Concello e a Federación Galega de Deporte Adaptado para que O Porriño sexa a sede permanente da Liga Galega de Baloncesto, o Concello, sinala Manuel Carrera, da un “importante paso para facer realidade o desexo dos porriñeses de contribuír á integración por medio da actividade física e a contenda deportiva, que fornecen o compañeirismo e a amizade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149